Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea José e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 4 de febreiro de 2022, Lourdes Rodríguez Fernández solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea José.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Benito González Nieto (***8254**) e Jennifer García Suárez (***8940**), da concesión que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: José.
Situación:
Cuadrícula nº: 76.
Polígono: A.
Distrito: Cambados (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 25.5.1966.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Lourdes Rodríguez Fernández (***3127**), Ilda Rodríguez Fernández (***2012**), Juan Manuel Rodríguez Fernández (***2799**) e Alicia Rodríguez Fernández (***3206**).
Novos titulares: Benito González Nieto (***8254**) e Jennifer García Suárez (***8940**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 9 de febreiro de 2022
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo