Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Taboexa, a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Taboexa, no concello das Neves (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 30 de novembro de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Taboexa, solicitado a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Taboexa, na parroquia de Taboexa, do concello das Neves (Pontevedra), resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 14.01.2019 a CMVMC de Taboexa solicita a clasificación como monte veciñal en man común das parcelas Fraga do Rei, Castro de Altamira, Bouza Vella, Carreira Chan-Monte da Feira, Bouza de Abaixo, Quinta, Arrubial, Cerrado e Mariño a favor dos veciños da parroquia de Taboexa, concello das Neves (Pontevedra).

– Parcela Castro de Altamira composta polas referencias catastrais 36034A08700377, 36034A08700379 e 36034A08700380, superficie total 1,9553 ha.

– Parcela Bouza Vella composta polas referencias catastrais 36034A09000231 e 36034A09000232, superficie total 1,2951 ha.

– Parcela Carreira Chan-Monte da Feira composta pola referencia catastral 36034A09000230, superficie total 0,3275 ha.

– Parcela Bouza de Abaixo composta pola referencia catastral 36034A09000123, superficie total 0,0638 ha.

– Parcela Quinta composta polas referencias catastrais 36034A10000015 e 36034A10000016, superficie total 2,0464 ha.

– Parcela Arrubial composta polas referencias catastrais 36034A08800055 e 36034A08800056, superficie total 1,4817 ha.

– Parcela Cerrado composta pola referencia catastral 36034A10100003, superficie total 1,1727 ha.

– Parcela Mariño composta polas referencias catastrais 36034A10200011 e 36034A10200012, superficie total 0,7059 ha.

Coa solicitude xunta a seguinte documentación:

– Correspondencia catastral do ano 2019 coas parcelas do catastro de rústica de 1956.

– Cartografía do catastro de 1956.

– Correspondencia de titulares catastrais do ano 2019 cos titulares de catastro de rústica de 1956 asinado por enxeñeiro técnico forestal colexiado número 908.

– Certificado do 6.11.2018 da secretaria-interventora e coa conformidade do alcalde do concello das Neves que cita –as referencias catastrais 36034A100000150000WH e 36034A100000160000WW (Quinta) non son de titularidade municipal, dado que non constan no inventario municipal, aparecen como baldío e non coma ben do Concello–.

– Certificado do secretario coa conformidade do presidente da CMVMC de Taboexa de aprobación na asemblea xeral extraordinaria do 25.11.2018 da solicitude de clasificación das ditas parcelas.

– Expediente de axudas 14360084/2001, memoria técnica descritiva de tratamentos silvícolas no MVMC de Taboexa, visado o 6.7.2021 e folla de comprobación de certificación de obra de 8,00 ha.

– Expedientes de axudas 14360104/2001, folla de comprobación de certificación de obra de 25,00 ha.

– Plan de cortas de aproveitamentos forestais de maio de 2008.

– Informe de validación gráfica catastral.

Segundo. O 7.2.2019, o xefe da Sección de Topografía informa da posibilidade de identificación das parcelas Fraga do Rei, Castro de Altamira, Bouza Vella, Carreira Chan-Monte da Feira, Bouza de Abaixo, Quinta, Arrubial, Cerrado e Mariño. Así mesmo, informa da non clasificación das parcelas por atoparse fora do esbozo do estudo previo da carpeta-ficha (acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 1.10.2009).

Terceiro. O 12.7.2019, o Xurado de Clasificación de MVMC de Pontevedra acorda a iniciación do expediente de clasificación das parcelas: Fraga do Rei, Castro de Altamira, Bouza Vella, Carreira Chan-Monte da Feira, Bouza de Abaixo, Quinta, Arrubial, Cerrado e Mariño. Nomea coma instrutora a Amalia Elsa Pazos Pintos. Este acordo notifícase o 15.7.2019 á CMVMC de Taboexa e o 17.7.2019 ao concello das Neves. O 19.7.2019 notifícase a suspensión de prazos á CMVMC de Taboexa.

Cuarto. Á vista da documentación presentada polos solicitantes e o informe do Servizo de Montes, os montes obxecto do presente expediente, obeceden á seguinte descrición:

Concello: As Neves.

Parroquia: Taboexa.

Nome do monte: Taboexa.

– Lugar Fraga do Rei.

Parcela 1. Referencia catastral 36034A091002430000HT.

Cabida: 2.756 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Antonio Domínguez Gómez

María Dolores González Rodríguez

Sur

Rego do Caneiro

Carlos Pérez Álvarez

Amelia Rodríguez Carballo

Leste

María Amparo Carballo Fernández

Modesto Rodríguez Alonso

Clemente González Rodríguez

Mercedes Fontán Eiro

Oeste

Camiño

Primitiva Lago Rodríguez

Amelia Rodríguez Carballo

Parcela 2. Referencia catastral 36034A091002420000HL.

Cabida: 6.518 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Francisco Álvarez Fortes

Amelia Rodríguez Carballo

Concepción Lano del Riego

Saladina Alonso Carrera

Esperanza Vidal Fernández

Modesto Rodríguez Alonso

Sur

Rego do Caneiro

Leste

Camiño

Oeste

María Amparo Carballo Fernández

Mercedes Fontán Eiro

Parcela 3. Referencia catastral 36034A091002410000HP.

Cabida: 2.843 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Rego do Caneiro

Sur

Francisco Álvarez Fortes

Rosa Domínguez Gómez

José Álvarez Domínguez

María de la Concepción Fernández Fortes

Casimiro Estévez Gil

José Manuel Conde Fernández

Amelia Rodríguez Domínguez

María Leonisa Amil Alonso

Leste

Camiño

Oeste

Camiño

– Lugar Castro Altamira

Parcela 1. Referencia catastral 6034A087003770000HS.

Cabida: 14.145 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Roberto Araujo Ledo

Sur

Camiño do Santo

MVMC dos veciños de Taboexa

Leste

Ramiro Rodríguez Rodríguez

Antonio Alén Otero

Oeste

María del Carmen Certal Novoa

María Luis Iglesias Forte

Antonio Domínguez Gil

Celso Rodríguez Sotelo

María Álvarez González

María del Carmen Estévez Gil

Alejandro Manuel Míguez Álvarez

María Cristina Alonso Vázquez

Hilga Gil Franco

Josefa Rodríguez Míguez

Purificación Moldes Fernández

Benito Expósito Pérez

Parcela 2. Referencia catastral 6034A087003770000HS.

Cabida: 5.338 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Camiño do Santo

Josefa Rodríguez Míguez

Sur

Camiño

Leste

Camiño

Oeste

Camiño

Parcela 3. Referencia catastral 36034A087003800000HS.

Cabida: 70 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Monte Veciñal en Man Común de Taboexa

Sur

Monte Veciñal en Man Común de Taboexa

Leste

Monte Veciñal en Man Común de Taboexa

Oeste

Monte Veciñal en Man Común de Taboexa

– Lugar Bouza Vella.

Parcela 1. Referencia catastral 36034A090002320000HP.

Cabida: 8.448 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Camiño

Sur

Alejandro Vidal Fernández

Primitiva Domínguez Gómez

Inés Fernández González

Celso Rodríguez Alonso

Josefa Álvarez González

María del Carmen Eiro Álvarez

Carmen Rodríguez López

Amadeo Rodríguez Rodríguez

José Vicente Gil Álvarez

Clemente González Rodríguez

Narcisa Piñeiro González

Leste

Amadeo Rodríguez Rodríguez

Oeste

Antonio González Rodríguez

María Vidal Barbeito

José Vicente Gil Álvarez

Parcela 2. Referencia catastral 36034A090002310000HQ.

Cabida: 4.503 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Preciosa Rodríguez Vidal

María Rudesinda Estévez Carrera

Lótica Condado, S.L.

María Vidal Barbeito

Eugenia Conde Carrera

Manuel Lenza Seijas

Josefa Álvarez González

Esperanza Vidal Fernández

Manuel Alonso Carrera

Marcial Fernández de Jesús

Sur

Camiño

Leste

Camiño

Lótica Condado, S.L.

Oeste

Camiño

– Lugar Carreira Chan-Monte da Feira.

Referencia catastral 36034A090002300000HG.

Cabida: 3.275 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Preciosa Rodríguez Vidal

Sur

Camiño

Leste

Camiño

Oeste

María Isabel Fernández Vidal

Estrada diputación

– Lugar Bouza de Abaixo.

Referencia catastral 36034A090001230000HZ.

Cabida: 638 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Antonio Álvarez Vidal

Sur

Juan Manuel Fernández Fernández

Camiño

Leste

Antonio Álvarez Vidal

Oeste

Elvira Vidal Fernández

– Lugar Quinta.

Parcela 1. Referencia catastral 36034A100000160000WW.

Cabida: 17.107 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

CMVMC de Vilacoba

Sur

A52-Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente

Leste

Camiño

Oeste

Camiño

Parcela 2. Referencia catastral 36034A100000150000WH.

Cabida: 3.357 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

A52-Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente

Sur

Camiño

Leste

Camiño

Oeste

A52-Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente

– Lugar Arrubial.

Parcela 1. Referencia catastral 36034A088000560000HK.

Cabida: 11.920 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Camiño

Sur

Gabino Malga González

Marcelina Iglesias Rodríguez

Modesto Rodríguez Alonso

Ana María González Álvarez

Celso Rodríguez Álvarez

Francisco Álvarez Amil

Adoración Gil Martínez

Francisco Rodríguez Míguez

Celso Rodríguez Sotelo

Antonio Domínguez Gil

Manuel Costa Fortes

Monte Veciñal en Man Común de Taboexa

Leste

Camiño

Oeste

Camiño

Parcela 2. Referencia catastral 36034A088000550000HO.

Cabida: 2.897 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Josefa González González

Alicia González Cambra

Sur

Camiño

Leste

Camiño

Oeste

Argentina Álvarez

José Rodríguez Rodríguez

Ana María González Álvarez

Cándido Álvarez Alonso

José Gil Gil

Modesto Rodríguez Alonso

– Lugar Cerrado.

Referencia catastral 36034A101000030000WL.

Cabida: 11.727 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

A52-Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente

Sur

Estrada Xunta de Galicia

Manuel Paz López

Ramiro Fernández Vidal

Leste

A52-Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente

Oeste

Camiño

– Lugar Mariño.

Parcela 1. Referencia catastral 36034A102000110000WP.

Cabida: 1.982 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

Camiño

Sur

Propietario particular

Leste

Propietario particular

Oeste

Propietario particular

Parcela 2. Referencia catastral 36034A102000120000WL.

Cabida: 5.077 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte

Titular/es

A52-Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente

Sur

Camiño

Leste

Propietario particular

Oeste

Propietario particular

Quinto. O 15.10.2020 a CMVMC de Taboexa achega a mesma documentación que presentou coa solicitude para acreditar o aproveitamento veciñal en man común por parte dos veciños da parroquia de Taboexa.

Sexto. O 3.1.2020 a xefa da Área de Montes Veciñais en Man Común emite informe preceptivo do Servizo de Montes:

«(...) Fraga do Rei: Parcelas 1, 2 e 3 coincidentes coas parcelas 243, 242 e 241 do polígono 91».

1. Corresponde na súa totalidade coas parcelas catastrais 36034A09100243 (1) de 2.756 m2, 36034A09100242 (2) de 6.518 m2 e 36034A09100241 (3) de 2.843 m2, todas elas a nome da comunidade.

2. Accédese a estas parcelas por un camiño sen asfaltar. Están delimitadas ao norte, leste e oeste por camiño e ao sur por valo de pedra e situadas a un e outro lado do rego do Caneiro.

3. As parcelas 2 e 3 están poboadas por vexetación de ribeira (carballos, loureiros, salgueiros e xestas). A parcela 1 está poboada fundamentalmente por alto fuste de eucalipto e piñeiro do país e rebentos de eucalipto, cun estrato arbustivo formado por xestas, silvas, toxos e salgueiros. Aprécianse restos de incendios.

4. Non se aprecian sinais de aproveitamento recente.

– Castro Altamira: Parcelas 4, 5 e 6 coincidentes coas parcelas 377, 379 e 380 do polígono 87.

1. Corresponde na súa totalidade coas parcelas catastrais 36034A08700377 (4) de 14.145 m2, 36034A08700379 (5) de 5.338 m2 e 36034A08700380 (6) de 70 m2 (edificación da capela de San Bartolomeu) todas elas a nome da comunidade.

2. Accédese a estas parcelas por un camiño de terra que delimita a parcela 379 polo sur e leste.

3. A parcela 380 (6) corresponde á capela de San Bartolomeu e a 379 (5), á parcela que contén a capela. Ao redor da capela hai diferentes especies arbóreas plantadas (pradairo, carballo, érbedo e castiñeiros) e atópase limpa de vexetación. A ladeira desta parcela está poboada fundamentalmente por xestas, fentos e algún carballo e eucalipto.

A parcela 377 é unha ladeira orientada ao suroeste. Na parte sureste desta parcela hai unha plantación recente de piñeiro do país (3-4 privaveras) e gromos de eucaliptos. O resto da parcela fundamentalmente poboada por xestas, fentos, loureiros e algún carballo e eucalipto adulto. Aprécianse restos de madeira queimada e cortada.

4. A capela e a superficie que a rodea ten un uso social e relixioso e no resto da superficie existe unha parte plantada e restos de corta.

– Bouza Vella: parcelas 7 e 8, coincidentes coas parcelas 232 e 231 do polígono 90.

1. Corresponde na súa totalidade coas parcelas catastrais 36034A09000232 (7) de 8.448 m2, 36034A09000231 (8) de 4.503 m2, ambas as dúas a nome da comunidade.

2. Accédese a estas parcelas por unha pista que está incluída e delimita este conxunto ao oeste. Son dúas parcelas que se prolongan de oeste ao leste ao longo dun camiño sen asfaltar, separado por valo de pedra.

Dentro da parcela 232 (7) hai un depósito de auga (parcela catastral 245), que non está incluído na solicitude.

3. As dúas parcelas forestais están poboadas por fustadío e alto fuste novo de eucalipto e rebentos de eucalipto, algún carballo e un substrato arbustivo formado por xestas e toxos.

4. Non se aprecian signos de aproveitamento recente.

– Carreira Chan-Monte da Feira: parcela 9 e Bouza de Abaixo parcela 10 coincidentes coas parcelas 230 e 123 do polígono 90.

1. Corresponde na súa totalidade coas parcelas catastrais 36034A09000230 (9) de 3.275 m2 e 36034A09000123 (10) de 638 m2, ambas as dúas a nome da comunidade.

2. Accédese á parcela 9 directamente pola rotonda do Deus Mercurio, que comunica as estradas EP-4202 coa PO-402. Está delimitada esta parcela ao oeste por esta rotonda, ao leste por camiño de terra e ao norte e sur por peches, uns de pedra e outros de bloques e arames.

Á parcela 10 accédese seguindo o camiño que atravesa a parcela 9 de leste a oeste, e continuando por camiño de terra. Atópase moi preto da estrada PO-402, no seu acceso á autovía A-52. Está delimitada ao sur por marcos de pedra e un carreiro.

3. A parcela 9 atópase poboada por carballos na parte sur do camiño que atravesa a parcela e por rebentos e fustadío de eucalipto na parte norte deste camiño sen practicamente vexetación arbustiva e subarbustiva, exceptuando algún fento.

Atravesan a parcela dúas liñas eléctricas, unha de media e outra de baixa tensión. Na parte oeste atópanse dous apoios, un da liña de baixa e outro da liña de media, e unha caseta de transformación.

A parcela 10 atópase poboada por fustadío e rebentos de eucalipto intercalado co rexenerado de carballo e cunha abundante vexetación arbustiva e subarbustiva de xestas e fentos.

4. A parcela 9 ten varias servidumes, o camiño que atravesa a parcela de Leste a oeste, as liñas eléctricas, as ocupacións dos apoios e a caseta de transformación.

Na parcela 10 non se aprecian signos de aproveitamento recente.

– Quinta: parcelas 11, 12 e Carrado: parcela 15, coincidentes coas parcelas 16, 15 do polígono 100 e 3 do polígono 101.

1. Corresponde na súa totalidade coas parcelas catastrais 36034A10000016 (11) de 17.107 m2, 36034A10000015 (12) de 3.357 m2 e 36034A10100003 (15) de 11.727 m2, 11 e 12 en investigación e a 15 a nome da comunidade.

2. Accédese á parcela 15 (36034A10100003) directamente desde a estrada PO-402 e ás parcelas 11 e 12 (36034A10000016 e 36034A10000015) desde o camiño que cruza a autovía A-52.

A parcela 15 está delimitada ao norte, pola autovía A-52, ao sur pola estrada PO-402 e o peche de pedra de dúas viñas, ao leste polo camiño asfaltado que cruza a autovía A-52 e ao oeste por camiño asfaltado e valo de pedra.

A parcela 12 atópase delimitada ao norte, pola autovía A-52, ao sur e oeste polo camiño asfaltado que cruza a autovía A-52 e ao leste por un camiño de terra e o cerramento de pedra das leiras estremeiras.

A parcela 11 está a carón dun campo de fútbol e un circuíto de motos (terreo pertencente á CMVMC de Taboexa). Delimitada ao norte, polo límite municipal de Ponteareas, ao sur pola autovía A-52, ao leste por carreiro e ao oeste polo camiño asfaltado que cruza a autovía A-52.

3. As parcelas 12 e 15 non son forestais, están limpas de vexetación excepto pola existencia duns 12 pés de pradairo adulto e algún piñeiro. Están atravesadas por liñas eléctricas e na parcela 15 atópase unha plataforma que se utiliza de cargadoiro de madeira.

A parcela 11 atópase orientada ao oeste, está atravesada por unha liña eléctrica de noroeste a sureste. Está poboada por un alto fuste novo e medio de piñeiro do pais con rexenerado de carballo e un estrato arbustivo de xestas, toxos, carpazo e silvas.

4. A parcela 12 e sobre todo a 15 utilízanse como cargadoiro de madeira. Na parcela 11 non se aprecian sinais de aproveitamento recente.

– Arrubial: parcelas 13 e 14 coincidentes coas parcelas 55 e 56 do polígono 88.

1. Corresponde na súa totalidade coas parcelas catastrais 36034A08800055 (13) de 2.897 m2 e 36034A08800056 (14) de 11.920 m2, a nome da comunidade.

2. Accédese ás dúas parcelas por unha pista forestal con referencia catastral 36034A08809015. Desta pista parte un camiño de terra (36034A08809013) que divide os dous terreos de leste a suroeste.

A parcela 14 (36034A08800056) está atravesada polo regueiro de Arrubial.

3. Son dúas parcelas forestais onde se aprecian indicios de incendios de anos anteriores (pés secos de piñeiro do país e eucaliptos), rebentos de eucaliptos, algún carballo e vexetación arbustiva e subarbustiva formada por xestas, toxos, carqueixas, silvas e fentos. Ao longo do regueiro apréciase vexetación de ribeira.

4. Non se aprecia ningún uso definido.

– Mariño: parcelas 16 e 17 coincidentes coas parcelas 11 e 12 do polígono 102.

1. Corresponde na súa totalidade coas parcelas catastrais 36034A10200011 (16) de 1.982 m2 e 36034A10200012 (17) de 5.077 m2, a nome do concello das Neves.

2. Accédese ás dúas parcelas por un camiño asfaltado desde a estrada PO-402. Atópanse a carón da autovía A-52 e están separadas por un camiño de terra.

Están delimitadas ao norte por un peche de arame da autovía A-52, ao leste e sur por peches dos predios contiguos e ao oeste por un madarrón de terra.

3. A parcela número 17 (36034A10200012) atópase rozada. Obsérvase unha plantación de cerdeiras de diferentes idades (10-20 cm de diámetro) intercalada con piñeiros do país de 1,5-2 m de altura e algún castiñeiro. Na parte leste desta parcela atópase unha plantación de chopos (20-30 cm de diámetro) e un lavadoiro, e por encima do noiro, na parte sureste, unha plantación de cerdeiras.

A parcela número 16 (36034A10200011) está atravesada por un camiño. Atópase a diferente altura que a anterior parcela, separada dela por un camiño e por un noiro, poboada por uns 20 a 30 pés de carballos de aproximadamente 10 cm de diámetro. Obsérvanse listóns de pedra amontoada na linde sur desta parcela.

4. As parcelas foron rozadas e existen plantacións de diferentes especies de arboredo: cerdeiras, piñeiro do país e chopos. Na parcela número 17 atópase un lavadoiro e na 16 listóns de pedra amontoados.

Sétimo. O 23.11.2020 o Rexistro da Propiedade de Ponteareas certifica que os predios dos cales de pide a clasificación non se atopan inscritos no Rexistro. Ordénanse as anotacións preventivas no Rexistro da Propiedade de Ponteareas, notifícase o trámite de audiencia, publícase edicto no concello das Neves e no DOG o anuncio do 1 de marzo de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación a favor da CMVMC de Taboexa, do concello das Neves (DOG núm. 50, do 15 de marzo).

Oitavo. Dentro do período do trámite de audiencia non se reciben alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segunda. De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo e o artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro: «Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando de xeito consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Deste xeito, para que un monte sexa declarado veciñal en man común o aproveitamento debe quedar acreditado non só nun pasado, senón tamén no presente e de xeito continuado, así o establece o antedito artigo 1 da Lei 13/1989 e as diversas resolucións xudiciais que o interpretan, concluíndo que o decisivo para a inclusión dun monte na categoría de veciñal en man común é que resulte acreditado o aproveitamento mancomunado dos montes pola veciñanza promotora de xeito continuado.

O 5.12.1980 o Xurado de MVMC clasificou dous cotos redondos a favor da CMVMC de Taboexa: Monte Basquidas e Monte Sandomedio, que non se atopan deslindados na actualidade.

As parcelas Quinta, Arrubial e Mariño son estremeiras co monte Basquidas e a parcela Fraga do Rei moi próxima ao NOE do monte Sandomedio.

Neste caso, o xurado acordou iniciar o expediente de clasificación destas parcelas ao non poder acreditar que estivesen dentro do monte clasificado o 5.12.1980, tendo en conta a falta de deslindamento e o informe previo á clasificación en que consta «as parcelas atópanse fóra da zona sombreada a esta comunidade». Tramitado o expediente de clasificación e á vista da documentación achegada pola comunidade, poderían considerarse clasificadas no caso de realizarse o deslindamento do monte, circunstancia que deberá valorarse nese momento co obxecto de evitar a duplicidade de parcelas.

No expediente de axudas 14360084/2001 e plan de cortas execútanse traballos forestais no contorno das parcelas Arrubial e Castro Altamira. No expediente de axudas 14360104/2001 execútanse traballos forestais no contorno da Mariño.

As parcelas Fraga do Rei, Bouza Vella, Bouza de Abaixo, Quinta, Arrubial e Cerrado teñen, en xeral, vocación forestal con plantacións de frondosas, limpezas recentes, masas de fustadío de piñeiro e eucalipto verde ou queimado e cargadoiro de madeira.

As parcelas Mariño, Carreira Chan-Monte da Feira e Castro Altamira teñen uso social, recreativo e cultural e mesmo con plantacións recentes de frondosas. A parcela Castro Altamira atópase no contorno do Castro do Coto de Altamira e a capela de San Bartolomeu.

Terceira. O uso ou aproveitamento en man común das parcelas Fraga do Rei, Castro de Altamira, Bouza Vella, Carreira Chan-Monte da Feira, Bouza de Abaixo, Quinta, Arrubial, Cerrado e Mariño queda suficientemente acreditado pola documentación achegada ao expediente.

Finalmente, o feito de que durante a tramitación do expediente non consten alegacións á clasificación como MVMC de terceiros que acreditasen un uso privativo destas parcelas demostra que existe un aproveitamento público, pacífico e continuado en común por parte dos veciños dos veciños da parroquia de Taboexa, concello das Neves.

En consecuencia, vista a Lei 13/1989, do 10 de outubro de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común o monte Taboexa, formado polas parcelas Fraga do Rei, Castro de Altamira, Bouza Vella, Carreira Chan-Monte da Feira, Bouza de Abaixo, Quinta, Arrubial, Cerrado e Mariño, solicitadas a favor da veciñanza da CMVMC de Taboexa, parroquia de Taboexa, concello das Neves (Pontevedra), de acordo coa descrición reflectida no feito cuarto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes que forma parte inseparable da presente resolución. (Informe validación gráfica CSV: ZX384RRZQ1YPW2AA).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra