Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Bouzas a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común das Bouzas, na parroquia de Sanguiñedo, do concello de Dozón (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar con data 30 de novembro de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Bouzas, solicitado a favor da veciñanza das Bouzas, na parroquia de Sanguiñedo, do concello de Dozón (Pontevedra), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 12.4.2018, Carlos Reboredo Civeira, actuando en calidade de representante dos veciños da paraxe das Bouzas, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación do monte denominado As Bouzas, cunha superficie aproximada indicada na solicitude de 30,77 ha.

Na solicitude unicamente se identifican catro veciños do lugar que supostamente levan a cabo o aproveitamento consuetudinario do terreo, achegando só as follas descritivas e gráficas das parcelas pertencentes ao devandito monte pero sen que se achegue neste momento ningún documento a maiores xustificativo do aproveitamento comunal.

Nos folios 4-7 do expediente de referencia consta o informe emitido pola xefa do Servizo de Montes, onde se fai constar o seguinte:

a) Que a planimetría permite identificar os terreos solicitados, unha parcela cunha cabida de 278.345 m2 e outra parcela de 29.378 m2.

b) Así mesmo, faise constar, como aspecto relevante, que a parcela 36016A25300763 non está clasificada salvo unha superposición de 19.057 m2 coa comunidade de Zudreiro, clasificación do ano 2015. E tamén na segunda das parcelas, 36016A05300521, se indica que non está clasificada salvo unha superposición de 1.191 m2 coa mesma comunidade anterior de Zudreiro (clasificación de 2015). E xunto con este informe do 26 de abril de 2018, achégase a montaxe oportuna en que se pode albiscar esta superposición.

Segundo. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra (en diante XPCMVMC) acordou, unha vez cumpridos os trámites pertinentes, na sesión do 3.7.2018, iniciar o correspondente expediente de clasificación do devandito monte.

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992 solicita e recíbese informe preceptivo do Servizo de Montes, que figura no expediente administrativo de clasificación nos folios 16 e seguintes e emitido con data do 30.10.2018 e, así mesmo, mediante escrito do 13.7.2018, lémbrase ao representante dos veciños das Bouzas, solicitantes da clasificación, que deberán achegar canta documentación histórica e recente poidan reunir referente aos montes na cal se funde a súa pretensión e na cal se aprecie algún indicio de que os ditos montes veñen sendo aproveitados en man común.

Entrando a valorar o informe preceptivo emitido polo Servizo de Montes, son varias as cuestións que tomar en consideración, e que pasamos a transcribir deseguido:

«2. Como indica o informe do xefe da sección de Topografía do 26 de abril de 2018, na parte norte das parcelas 763 e 521, existe unha superposición de 2,02 ha coa CMVMC de Zudreiro, clasificado no ano 2015.

3. (...) A plantación de coníferas realizouse a través da Orde do 15 de xuño de 1998 de axudas ás medidas forestais na agricultura, expediente 1130111/1998, a nome de José Alfredo Reboredo Mundín.

O único tratamento silvícola que se aprecia é unha poda no ano 2011 dunhas 15 ha subvencionadas pola Orde do 28 de decembro de 2009 de axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, a nome tamén de José Alfredo Reboredo Mundín». Débese destacar que esta persoa non aparece na relación de veciños que instan a clasificación do monte das Bouzas.

E, neste punto, tamén se indica que non se aprecian outros usos ou aproveitamentos forestais (cortas, leña, toxo...), pero si se puntualiza que existe un pasteiro de 1,03 ha aproveitado por un particular que non é veciño do lugar das Bouzas.

No punto 5 deste informe indícase expresamente que «parte dos terreos están situados nos noiros da autovía AG-53».

E finalmente, no punto 7 faise constar que segundo os certificados catastrais, a titularidade de ambas as parcelas é «monte comunal dos veciños das Bouzas».

Cuarto. O 18.11.2018, o representante dos veciños das Bouzas, presenta un escrito (folio 29 e seguintes) xunto ao cal achega informe de validación gráfica alternativa da Dirección Xeral de Catastro e documentación referente ao monte das Bouzas, consistente na fotografía dun cartel sobre unha suposta axuda económica recibida dos fondos Feader, a nome de José Alfredo Reboredo Mundín.

Quinto. O 20.11.2018 a xefa do Servizo de Montes, no informe que figura no folio 41 do expediente, sinala que no informe de validación catastral que presentan os solicitantes da clasificación se propón unha modificación de ambas as parcelas, de tal xeito que pasan a ter a seguinte cabida:

– Parcela 36016A25300763 un total de 257.117 m2.

– Parcela 36016A05300521 unha cabida de 20.900 m2.

No informe sinálase que con estes novos perímetros xa non existen superposicións coa clasificación do ano 2015 do monte Zudreiro e desaparecen os terreos solicitados ao norte da autoestrada AP-53, pero na estrema norte si se inclúe o camiño de servidume que dá acceso ao paso superior sobre a autoestrada AP-53.

Sexto. Á vista da documentación presentada polos solicitantes e o informe do Servizo de Montes, o monte obxecto do presente expediente, obedece á seguinte descrición:

Concello: Dozón.

Parroquia: Sanguiñedo.

Nome do monte: As Bouzas.

Cabida: 278.017 m2 (superficie solicitada polos veciños).

257.117 m2 parte da referencia catastral 36016A25300763.

20.900 m2 parte da referencia catastral 36016A05300521.

Estremas:

Norte

Polígono

Parcela

Titulares

253

9000

Autoestrada

253

757

CMVMC de Zudreiro

53

9000

Autoestrada

53

43

José Alfredo Reboredo Mundín

53

401

José Alfredo Reboredo Mundín

Sur

Polígono

Parcela

Titulares

53

427

José Antonio Rodríguez Presas

429

Rosalía Mundín Fernández

445

María Remedios Varela Vence

490

Indalecio Reboredo, s/s

491

Felicita Pérez García

489

María Celsa Zobra Enríquez

487

Adelaida Esther Gutiérrez Calvo

488

José Alfredo Reboredo Mundín

486

José Crespo Civeira

485

Raúl Fernández Otero

484

María José Daparte Fernández

458

José Crespo Civeira

459

Raúl Fernández Otero

481

Francisco López Fernández

460

María José Daparte Fernández

461

Rosalía Mundín Fernández

463

Francisco López Fernández

480

José Antonio Rodríguez Presas

465

María López Fernández

478

José Crespo Civeira

9008

Camiño

Leste

Polígono

Parcela

Titulares

53

46

José López López

403

José Alfredo Reboredo Mundín

402

Rosalía Varela Cacheda

508

Rosa Fernández López e outros

504

María Remedios Varela Vence

515

Rosalía Varela Cacheda

514

Rosa Fernández López e outros

513

María López Fernández

512

María Remedios Varela Vence

509

Rosa Fernández López e outros

498

Juan Ramón Varela Fernández

497

María Remedios Varela Vence

Oeste

Polígono

Parcela

Titulares

53

9008

Camiño

253

9005

Camiño

894

Felicita Pérez García

471

Remedios Pájaro González

9006

Camiño

748

Rosa Fernández López e outros

470

Ramón García López

746

Rosa Fernández López e outros

745

José López López

900

Amparo Varela Gutiérrez

Sétimo. O Rexistro da Propiedade de Lalín certifica o 7.3.2019 que os predios dos cales se solicita certificación non constan inscritos no devandito rexistro polo Concello de Dozón.

Oitavo. O 2.5.2019, e dentro do prazo de audiencia aberto en legal forma no seo do presente procedemento, a CMVMC de Sanguiñedo presenta escrito de alegacións en contra da solicitude de clasificación, empregando como principais argumentos os seguintes (que se indican a modo de resumo):

1. Que a comunidade que pide a clasificación composta pola veciñanza das Bouzas hai xa máis de 25 anos que deixou de existir, xa que ninguén vive na aldea das Bouzas, a cal se atopa en estado de abandono, e ademais que todas as casas situadas neste lugar están en estado ruinoso e que nin tan sequera existe vía de acceso á aldea.

2. Defenden que lles corresponde a eles a defensa e xestión cautelar do monte das Bouzas como consecuencia da desaparición da comunidade titular desde hai 25 anos.

3. Por oubra banda, negan que os solicitantes identificados no escrito inicial vivan no lugar das Bouzas.

E por todo o anterior, solicitan, na súa condición de –interesados lexítimos– a xestión cautelar do monte.

Noveno. Con data de presentación no Rexistro da Xunta de Galicia do 7.6.2019 en contestación ás alegacións anteriores, o representante dos veciños promotores do presente expediente oponse ao sinalado pola CMVMC de Sanguiñedo indicando que:

– Non é certo que a comunidade das Bouzas leve máis de 25 anos extinguida, senón que precisamente neses anos é cando tivo o seu maior apoxeo e actividade, e fan mención a este respecto dunha subvención do ano 1999 que recibiron da Consellería do Medio Ambiente para levar a cabo unha plantación de 50 ha de monte con base nun proxecto presentado pola dita comunidade, e presentan documento número 1 a aprobación da dita subvención e portada do proxecto.

– Tamén presenta como documento número 2 a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se aproba unha axuda en xullo de 2010 para o fomento da silvicultura nos bosques no medio rural.

– E finalmente, preséntase un recibo do IBI do ano 2003 a nome do monte comunal dos veciños das Bouzas, Sanguiñedo, concello de Dozón.

– E polo que respecta ao indicado de contrario acerca de que hai unha serie de persoas que non habitan no lugar das Bouzas, os promotores afirman que se trata de persoas comuneiras de Cardoufe e Eirelo –que nin constan nin aparecen en ningún momento algún, nin na solicitude de clasificación nin en ningún outro documento do expediente, polo que nada teñen que ver–.

Décimo. Con data de rexistro de entrada do 20 de xuño de 2019, extemporaneamente, Isabel Portela Rodríguez, actuando en nome e representación da Sociedade Unipersonal Autopista Central Gallega Concesionaria Española, S.A., presenta un escrito de alegacións indicando que os terreos obxecto de clasificación foron no seu día expropiados polo Ministerio de Fomento para a construción da AP-53 e esta sociedade é a beneficiaria da expropiación. Presentan un plano co que pretenden acreditar este particular en que se sinala a zona de servidume e a zona de afección da AP-53.

Décimo primeiro. Mediante escrito do 26 de xullo de 2019, presentado no rexistro o día 7.8.2019, os promotores do expediente de clasificación presentan un escrito de alegacións en que, en contestación ao sinalado pola Sociedade Autopista Central Gallega, Concesionaria Española, S.A., indican de xeito textual o seguinte:

«(...) A empresa presenta un plano xeral da zona de dominio público sen comprobar se a superficie solicitada de clasificación corresponde ou non co devandito límite de dominio público. Achégase un plano onde se mostra que a superficie solicitada respecta a liña de dominio público do Ministerio de Fomento».

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segunda. De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo, o artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e o artigo 20 da nova Lei de montes de Galicia, 7/2012, do 28 de xuño «son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando de xeito consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Así pois, de acordo coa propia dicción literal deste artigo e a prolixa xurisprudencia existente na materia, o feito que determina a clasificación ou non como veciñal do monte en cuestión é a circunstancia de terse acreditado de forma sólida e fidedigna o aproveitamento consuetudinario en man común pola agrupación veciñal, á marxe das cuestións relativas á titularidade dominical e demais dereitos reais.

Terceira. Extrapolando o concepto e exixencias que se condensan na normativa analizada ao caso concreto, e tomando en consideración moi especialmente as observacións que se condensan no informe emitido polo Servizo de Montes e Industrias Forestais relativas ao aproveitamento e uso do monte, así como o informe do 20.11.2018, emitido ad hoc pola xefa do Servizo de Montes, sobre alteración da cabida das parcelas, e demais documentación presentada polos propios promotores (relacionada no antecedente de feito sétimo), pódese colixir que queda acreditado de xeito suficiente o aproveitamento consuetudinario con carácter exclusivo sobre as parcelas ao respecto das cales se solicita a clasificación do monte das Bouzas.

É certo que poderían considerarse como elementos de dúbida ao respecto desta conclusión a favor da clasificación o feito de existiren alegacións en contra dunha CMVMC estremeira e interesada na xestión das parcelas, pero a xuízo desta instrutora e dos restantes membros do Xurado tales dúbidas quedan disipadas desde o mesmo instante en que non se achega proba ningunha de que eles fagan un aproveitamento sobre tales parcelas nin presenten documentos que fagan desmerecer a postura dos veciños das Bouzas, razón pola cal si se toman en consideración pero sen que teñan a entidade suficiente para facer cambiar o criterio mantido, máxime cando os promotores do expediente si presentan documentos relativos ao uso e desfrute do monte.

En canto ao afirmado de que na aldea das Bouzas non vive ninguén, hai que salientar que tal manifestación queda desvirtuada mediante a presentación do certificado de residencia do promotor do expediente emitido polo secretario do concello.

Polo que respecta ás alegacións presentadas tamén en contra pola empresa Acega, ademais de seren extemporáneas, o certo é que unicamente se basean nun plano que entra en colisión co plano presentado polos promotores acerca da invasión do dominio público, polo que tampouco pode ser acollida. E a isto debemos engadir, ademais, que o Ministerio de Fomento, debidamente emprazado, non fixo ningunha consideración ao respecto, como tampouco o Concello de Dozón, nin a favor nin en contra.

Entendemos, en definitiva, que concorren elementos suficientes á hora de poder considerar o monte das Bouzas como un monte veciñal e propoñer a súa clasificación como monte veciñal en man común a favor dos promotores.

En consecuencia, vistos os antecedentes mencionados, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común o monte das Bouzas, a favor da veciñanza das Bouzas, na parroquia de Sanguiñedo, concello de Dozón (Pontevedra), ao reunir os requisitos exixidos no artigo 1 da Lei 13/1989, de acordo coa descrición reflectida no feito sexto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes que forma parte inseparable da presente resolución. (Informes de validación gráfica CSV: P70Q0N3M18TS8A7X e CSV EY1NMXBF9P1CVHS9).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra