Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15529

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública da modificación puntual das normas urbanísticas (plans parciais) respecto das parcelas de equipamento dos polígonos industriais dos Airíos e Pena Porreira.

A Xunta de Goberno local do Concello das Pontes de García Rodríguez, na sesión extraordinaria do 23 de febreiro de 2022, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas urbanísticas do Concello (plans parciais de Airíos e Pena Porreira) respecto das parcelas de equipamento existentes nos polígonos industriais dos Airíos e Pena Porreira, que asinou a arquitecta Sonia Romero Teijo, colexiada COAG 1906, e que se entregou no Concello o día 28 de xaneiro de 2022 (RE núm. 202299900000259).

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poidan consultar o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello (avenida de Castelao, nº 36), de luns a venres, das 8.00 ás 14.30 horas, e formular as alegacións que xulguen oportunas.

A documentación sometida a información pública tamén se pode consultar na sede electrónica do Concello, no taboleiro de anuncios electrónico (https://sede.aspontes.org/opencms/es/informacion/).

As Pontes de García Rodríguez, 28 de febreiro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado de Urbanismo e Coordinación do Goberno