Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono O30.2, avenida Joaquín Planells Riera (expediente 631/2019/100).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 3 de febreiro de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do polígono O30.2, avenida Joaquín Planells Riera. Documento para aprobación inicial. Outubro 2021, redactado por Oficina de Planeamiento, S.A. e asinada polo arquitecto Alfonso Díaz Revilla, por encargo do Concello da Coruña.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/16), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará dispoñible no taboleiro de anuncios da sede electronica do Concello, en información urbanística; na ligazón web https://www.coruna.gal/urbanismo/gl/informacion-e-normativa/exposicion-publica, e no visor web Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario das 9.00 ás 13.00 horas, mediante cita previa que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou se dirixirá a registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 9 de febreiro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo