Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 16 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de condición mineromedicinal e termal das augas do manancial Baños de San Xusto, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Esta xefatura territorial está tramitando a solicitude do Concello de Cerdedo-Cotobade de declaración de condición mineromedicinal e termal das augas do manancial Baños de San Xusto.

De conformidade co disposto no artigo 4.3 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a solicitude e o proxecto de declaración de augas mineromedicinais e termais do manancial Baños de San Xusto, cuxas características son:

Recurso: augas mineromedicinais e termais (sección B).

Situación: marxe esquerda do río Lérez, no lugar de Barbeitos, parroquia de San Xurxo de Sacos, en Cerdedo-Cotobade.

Coordenadas: X = 539.951 e Y = 4.707.623 (datum ETRS89, fuso 29).

Captación: manancial cun caudal de 250 l/h.

Temperatura: 23 ºC.

A solicitude e o texto do proxecto da declaración da condición mineromedicinal e termal poderán ser consultados no seguinte enderezo electrónico:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Segundo. As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, preferiblemente, a través do formulario normalizado (PR004) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ademais dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cando sexa indispensable a atención presencial e atendendo ás medidas fronte ao coronavirus, as persoas interesadas poderán acudir a esta xefatura territorial (avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra), mediante unha cita previa no número de teléfono 986 80 52 37.

Pontevedra, 16 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra