Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2022 polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello da Illa de Arousa (expediente SCOVID/AILLADEAROUSA/0155 e quince máis).

O Concello da Illa de Arousa acordou a incoación dos expedientes sancionadores SCOVID/AILLADEAROUSA/0155 e quince máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do inicio do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello da Illa de Arousa, situadas na rúa Palmeira, 25, A Illa de Arousa, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas de que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegaren perante a persoa instrutora do expediente, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuaren alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas interesadas son informadas de que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022

David Castro Sanmartín
Funcionario da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/AILLADEAROUSA/0155

76929425Z

Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0156

47690410W

SCOVID/AILLADEAROUSA/0161

35461832P

SCOVID/AILLADEAROUSA/0163

Y1558238W

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non convivintes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0164

35481335V

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0167

35462096Y

Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0170

36089459K

SCOVID/AILLADEAROUSA/0171

36088575B

SCOVID/AILLADEAROUSA/0172

33258533G

SCOVID/AILLADEAROUSA/0173

32444742E

SCOVID/AILLADEAROUSA/0181

35481335V

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0182

35481335V

Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalería fóra do horario máximo de apertura establecido

Artigo 41.bis i) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0183

35481335V

Incumprimento das normas emitidas polas autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia polas que se prohibe nos establecementos de hostalería e restauración o consumo na barra

Artigo 41.bis.m) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0185

35481335V

Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0195

77404141X

Incumprimento das normas emitidas polas autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia polas que se prohibe nos establecementos de hostalería e restauración o consumo na barra

Artigo 41.bis.m) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0207

35481335V

Incumprimento, por parte da persoa titular da instalación, establecemento, empresa ou actividade e con ocasión do seu funcionamento ou desenvolvemento do deber de previr a comisión dalgunha das infraccións leves previstas na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, por parte das persoas suxeitas á súa dependencia ou vinculación

Artigo 41.bis.n) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros