Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2022 Páx. 15068

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020/21 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 25 de novembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 9 de decembro).

A Orde do 25 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020/21 en centros públicos de Galicia establece, no seu artigo 14, que unha vez efectuada a selección, a comisión avaliadora elevará, a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, un informe-proposta ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, para a adxudicación dos premios mediante a correspondente resolución para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira, resolta a reclamación presentada e vista a acta coa proposta definitiva da comisión avaliadora de adxudicación dos premios fin de carreira, e por proposta do secretario xeral de Educación e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020/21 en centros públicos de Galicia, ao alumnado que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar no anexo II a listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira segundo as bases reguladoras da Orde do 25 de novembro de 2021.

Terceiro. Contra esta resolución de adxudicación de premios, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, segundo o previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Listaxe das persoas beneficiarias dos premios fin de carreira
da Comunidade Autónoma de Galicia e contía

Modalidade de Música

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2022/22121

Fernández Gil, Miguel Antonio

CMUS Superior da Coruña

3.500 €

2022/41385

Quiza Martínez, Borja

CMUS Superior da Coruña

3.500 €

Modalidade de Deseño

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2021/2967699

Iglesias Rodríguez, Zeltia

EASD Antonio Faílde

3.500 €

2022/7758

Andión Marchena, Patricia

EASD Ramón Falcón

3.500 €

Modalidade de Arte Dramática

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2021/2899943

Fernández Pombo, Brais

ESAD de Galicia

3.500 €

Modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

Contía

2022/717

Prego Torres, Andrea

ESCRBC de Galicia

3.500 €

ANEXO II

Listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira con base no establecido na Orde do 25 de novembro de 2021

Modalidade de Música

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

2022/22214

Cortiñas Lorenzo, Betty

CMUS Superior de Vigo

2021/2907068

Fernández Lestayo, Eva

CMUS Superior de Vigo

2021/2944231

Keilin Keilin, Gregorio

CMUS Superior da Coruña

2022/33234

Martínez Rodríguez, Irene

CMUS Superior da Coruña

2021/2935313

Rodríguez González, Raúl

CMUS Superior de Vigo

2021/2904396

Tojeiro Pérez, Laura

CMUS Superior da Coruña

2022/30883

Villarroel Peralta, Julia Fernanda

CMUS Superior de Vigo

Modalidade de Deseño

Nº solicitude

Apelidos e nome

Centro educativo

2021/2995618

Alonso Sarmiento, Yolanda

EASD Pablo Picasso

2021/2967694

Álvarez Mercador, Andrés

EASD Ramón Falcón

2021/2920258

Aravena Costa, Mariana Alejandra

EASD Antonio Faílde

2021/2984319

Rodríguez Ramón, Estefanía

EASD Mestre Mateo

2022/627

Torrado Pazos, Marta

EASD Ramón Falcón

2021/2964975

Torres Pereira, Javier

EASD Mestre Mateo