Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2022 Páx. 15177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Guarda (expediente IN407A 2022/13-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América 38, 28028 Madrid.

Denominación: reforma LMT DC ROS809-ROS806 na Gándara.

Situación: A Guarda.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV dobre circuíto (ROS809 e ROS806), con condutor LA-110, de 183 de lonxitude cada circuíto, ambos os dous con orixe no apoio proxectado C-1000/14 (punto 1) e final no apoio proxectado C-1000/14 (punto 3). LMT aérea a 20 kV (ROS809) con condutor LA-56, de 9 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 no punto 1 e final no apoio existente 9QDSCLB9//D18-A1 da derivación ao CT Lomba. LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 22 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 na ROS809 e final na LMTS existente ao CT J.M. Sesto Salcidos. A instalación está situada na gándara, Salcidos, A Guarda.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: A Guarda; paraxe: Cruz; descoñecido; afección: 16,74 m² para o apoio nº 2 e 9 m² para 4 metros de liña subterránea.

Predio 2. Concello: A Guarda; paraxe: Telleiro; titular: Antolín e Víctor Estévez Portela; afección: 1,44 m² para o apoio 2.