Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 15017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Triacastela (expediente IN407A 2021/42 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, nº 2, Velle, Ourense.

Denominación: subestación Triacastela 132/20 kV, blindaxe MT.

Situación: concello de Triacastela.

Características técnicas:

Renovación completa do parque de 20 kV da subestación, instalando un conxunto de celas blindadas de dobre barra no interior dun edificio de nova construción dentro da subestación, os elementos instalados son:

• Sete celas de protección de liña de dobre barra de tecnoloxía GIS.

• Dúas celas de protección de transformador de dobre barra tecnoloxía GIS.

• Dúas celas de protección de transformador de servizos auxiliares de dobre barra tecnoloxía GIS.

• Unha cela de medida de tensión de barras de dobre barra tecnoloxía GIS.

• Unha cela de medida de tensión de barras de dobre barra tecnoloxía GIS.

• Dous transformadores de servizos auxiliares cunha potencia proxectada de 160kVA e unha relación de transformación de 20.000/420 V.

Finalidade da instalación: mellora de subministración.

Orzamento: 839.791,79 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Triacastela.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (AXI).

• Separata para Patrimonio Cultural.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 8 de febreiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo