Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO da modificación das bases da convocatoria para a selección dun/dunha operario/a de servizos múltiples (OEP 2020) e da reapertura do prazo de presentación de solicitudes.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 19, do 28 de xaneiro de 2022, publicouse a modificación das bases da convocatoria para a selección e provisión do posto de operario/a de servizos múltiples, funcionario/a de carreira pertencente a agrupacións profesionais, encadrado na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, incluído na oferta de emprego público de 2020, mediante o sistema de oposición libre, xunto coa reapertura do prazo de presentación de solicitudes.

O novo prazo para a presentación de instancias para participar neste proceso de selección, así como para a desistencia das xa presentadas, de ser o caso, será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte hábil ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Monfero, 1 de febreiro de 2022

Andrés Feal Varela
Alcalde