Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14890

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 21 de marzo de 2022 terá lugar, nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez, 3, a poxa de armas composta por 885 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 14, 15, 16, 17 e 18 de marzo neste acuartelamento, das 9.00 ás 13.00 horas, horario no cal se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega destes coas ofertas rematará ás 13.00 horas do día 18 de marzo.

A ela poderán concorrer as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2022

Francisco Javier Jambrina Rodríguez
Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña