Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS e CT A Louriña.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor tipo RHZ1, de 163 metros de lonxitude, con orixe no apoio A294WRTP//T16-14 da LMTA ATI727 e final no CT proxectado. Centro de transformación (CT) de 160 kVA de formigón con manobra exterior e relación de transformación 15.000/400 V. As instalacións están situadas no lugar da Louriña, no concello do Porriño (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 7 de febreiro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2021/314-4.
Denominación: LMTS e CT A Louriña.
Concello: O Porriño.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio/CT |
Afeccións |
|||
nº |
m2 |
ml sub. |
m2 aér. |
m2 sub. |
|||||
1 |
Os Penedos |
Rústico |
36039A033006060000DQ |
María del Carmen González Alonso |
CT |
35,39 |
|||
2 |
Moudron |
Rústico |
36039A033005870000DR |
Descoñecido |
2 |
6,96 |