Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2021/312-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública por petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: recuamento da LMT DC BAL708-BAL702 no Rozo.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Desmontaxe de 972 metros de condutor LA-110 e 340 metros de condutor LAC-80 nos tramos BAL7082992, BAL7082957, BAL7082983, BAL7082984, BAL7082985, BAL7023280, BAL7023288, BAL7023341 e BAL7023340.

Desmontaxe de 28 metros de condutor LA-30 e o seccionador (36H455) na derivación ao CT Riazon (36C534).

Desmontaxe de 7 apoios de formigón e 3 apoios de celosía.

Proxéctase unha liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV con condutor tipo LA-56 de 30 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-9000/18 e final no apoio existente 9TKASGWP//D42-1.

Proxéctase unha liña de media tensión soterrada (LMTS) a 15 kV con condutor RHZ1 e 874 metros de lonxitude en tres actuacións. A primeira actuación de 16 metros de lonxitude ten orixe no CS proxectado no proxecto do expediente 248115060186 e final na LMTS existente BAL7023311 que pasará a pertencer á BAL708. A segunda actuación de 429 metros de lonxitude ten orixe na LMTS existente BAL7023311 e final no apoio proxectado C-9000/18. A terceira actuación é de 429 metros de lonxitude, con orixe na LMTS existente BAL7023311 e final no apoio proxectado C-9000/18.

As instalacións están situadas no lugar do Rozo, na parroquia de Coruxo, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/312-4.

Denominación: recuamento da LMT DC BAL708-BAL702 no Rozo.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

CR Bao-Coruxo

Urbana

8414915NG1781S0001LS

Purificación Alonso Fernández

1

5,78

2

CR Bao-Coruxo

Urbana

8414947NG1781S0001LS

Antonio Rodríguez Gonda

1

16,38

22,2

56,5

3

CR Bao-Coruxo

Urbana

8414946NG1781S0001PS

Descoñecido

6,5

19,35

4

CR Bao-Coruxo

Urbana

8414913NG1781S0001QS

Eduardo Costa Aballe

3,3

10,05