Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS626F.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 42, 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícase mediante este anuncio a resolución do recurso de alzada presentado contra a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial, ao ser devolta polo servizo de Correos, unha vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar por causas non imputables á Administración, emprazase a persoa interesada relacionada no anexo.

No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), a persoa interesada citada no dito anexo ou a persoa que legalmente a represente, debidamente acreditada, poderá comparecer na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rúa Gregorio Hernández, nº 2, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da resolución e o resto do expediente; advírteselle que, de non o facer así, se considerará efetuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor o recurso contencioso-administrativo, perante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

(DNI/NIE/pasaporte

Contido do acto administrativo

Data do acto

administrativo

15030059317R

48117520W

Desestimación do recurso

19.11.2021