Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos ditados no procedemento administrativo BS210A (expediente LU-0000050750 e oito máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos da notificación realizados sen que fose posible practicala por causas non imputables a Administración, a través do anuncio emprázanse as persoas interesadas para procederen á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda de solicitudes ditados nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, número 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que estes requirimentos, que se notifican por comparecencia, outorganlles ás persoas interesadas un prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da súa notificación para a emenda da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen realizar a emenda, teráselle por desistido da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase ao arquivamento do expediente logo de resolución ditada de conformidade co disposto no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 10 de xaneiro de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000050750

34210747H

Requirimento documentación

19.8.2021

LU-0000029435

33763897N

Requirimento documentación

7.9.2021

LU-0000050532

34236657F

Requirimento documentación

7.7.2021

LU-0000051597

33730498D

Requirimento documentación

9.11.2021

LU-0000041192

24955541N

Requirimento documentación

5.11.2021

LU-0000004922

33852944A

Requirimento documentación

11.10.2021

LU-0000051859

76529670E

Requirimento documentación

27.10.2021

LU-0000051001

33645907N

Requirimento documentación

27.10.2021

LU-0000051963

34262816S

Requirimento documentación

19.11.2021