Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 13983

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación co Real decreto lei 24/2021, do 2 de novembro, de transposición de directivas da Unión Europea nas materias de bonos garantidos, distribución transfronteiriza de organismos de investimento colectivo, datos abertos e reutilización da información do sector público, exercicio de dereitos de autor e dereitos afíns aplicables a determinadas transmisións en liña e ás retransmisións de programas de radio e televisión, exencións temporais a determinadas importacións e subministracións de persoas consumidoras e para a promoción de vehículos de transporte por estrada limpos e enerxeticamente eficientes.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación co Real decreto lei 24/2021, do 2 de novembro, de transposición de directivas da Unión Europea nas materias de bonos garantidos, distribución transfronteiriza de organismos de investimento colectivo, datos abertos e reutilización da información do sector público, exercicio de dereitos de autor e dereitos afíns aplicables a determinadas transmisións en liña e ás retransmisións de programas de radio e televisión, exencións temporais a determinadas importacións e subministracións, de persoas consumidoras e para a promoción de vehículos de transporte por estrada limpos e enerxeticamente eficientes

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral da Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co punto cuarto do artigo 82 do Real decreto lei 24/2021, do 2 de novembro, de transposición de directivas da Unión Europea nas materias de bonos garantidos, distribución transfronteiriza de organismos de investimento colectivo, datos abertos e reutilización da información do sector público, exercicio de dereitos de autor e dereitos afíns aplicables a determinadas transmisións en liña e ás retransmisións de programas de radio e televisión, exencións temporais a determinadas importacións e subministracións, de persoas consumidoras e para a promoción de vehículos de transporte por estrada limpos e enerxeticamente eficientes.

Segundo. Designar un grupo de traballo para propor á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Isabel Rodríguez García
Ministra de Política Territorial

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo