Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público na rúa Castaño de Eirís, 1D (expediente 631/2021/188).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 3 de febreiro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público na rúa Castaño de Eirís, 1D, documento para a aprobación definitiva de xaneiro de 2022, redactado pola arquitecta Elsa Urquijo Gómez, colexiada nº 2225 do COAG, e promovido pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo á consellería promotora da actuación e aos departamentos municipais interesados na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo, na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe de planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 9 de febreiro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área Municipal de Urbanismo