Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2022 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/59/2020.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 15 de decembro de 2021, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición de la legalidad por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción de cerramento de parcela e instalación de dúas casetas sobre soleira, no lugar de Cala da Masa, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel acordo ao/á interesado/a, con documento nacional de identidade 35998892M, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao/á interesado/a o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao/á interesado/a que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O/a interesado/a dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que se pretenda valer.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao/á citado/a interesado/a en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística