Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2022, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02244-O-2021 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores XC-02244-O-2021 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo de quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 7 de febreiro de 2022

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02244-O-2021

8772-DRS

36147249N

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

12.3.2021; 2.20.00; SC-20; 0,0

Art. 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) da LOTT

801 euros

XC-03182-O-2021

4040-BJL

32660287B

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

30.4.2021; 20.45.00; AP-9F; 22,0

Art. 141.14 da LOTT

Art. 198.18 do ROTT

Art. 201.1.e) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

601 euros

XC-03288-O-2021

4950-GSG

03089897P

Atenuante. Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

9.5.2021; 11.30.00; N-VI; 582,5

Art. 141.25 da LOTT Art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT

Art. 143.1.f) da LOTT

Art. 143.1 da LOTT

801 euros

XC-03289-O-2021

2775-JBB

78804330M

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

1.5.2021; 8.31.00; N-634; 658,0

Art. 141.21 da LOTT

Art. 198.25 do ROTT

Art. 201.d) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

401 euros

XC-03452-O-2021

2775-JBB

78804330M

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

29.5.2021; 10.38.00; AP-9F; 25,2

Art. 141.21 da LOTT

Art. 198.25 do ROTT

Art. 201.d) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

401 euros