Mediante o Acordo do 10 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/149-3), a cal foi publicada no DOG do 3.12.2021, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 8 de febreiro de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2021/149-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA PRS806 entre os apoios 55-48-4 e 55-48-9.
Termo municipal: Nogueira de Ramuín.
Predio núm. en proxecto: 1.
Referencia catastral: 32053A080000690000IA.
Lugar: A Rasa.
Cultivo: monte baixo.
Titulares: Dolores Quevedo González.
Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio 55-48-6.