Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021811AE-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 13 de decembro de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021811AE-OU incoado ao titular do DNI 76731806B, con enderezo na rúa Pescadores, 8-3º I, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 76731806B, con enderezo na rúa Pescadores, 8-3º I, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 8 de febreiro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2021811AE-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: 76731806B.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Pescadores, 8-3º I, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG número 143, do 24 de xullo), modificada pola Lei 1/2018, do 2 de abril (DOG número 68, do 9 de abril).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400 €).