Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 12893

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022 (código de procedemento MR340A).

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 25, do día 7 de febreiro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 7849, o artigo 11 (Tramitación das solicitudes), onde di:

«3. Non obstante o disposto no punto anterior deste artigo, no caso das solicitudes para subvencións, con ou sen garantías para préstamos, dada a natureza do seu procedemento de selección como de concorrencia competitiva, non será susceptible de emenda a presentación fóra do prazo indicado na convocatoria da seguinte documentación, considerada como mínimo imprescindible para a tramitación da solicitude de axuda:

a) Anexo A1 de solicitude da axuda.

b) Anexo A2 de memoria cuberto adecuadamente, e que inclúa en particular a relación pormenorizada dos investimentos previstos co seu importe sinalados no seu número 10».

Debe dicir:

«3. Non obstante o disposto no punto anterior deste artigo, no caso das solicitudes para subvencións, con ou sen garantías para préstamos, dada a natureza do seu procedemento de selección como de concorrencia competitiva, non será susceptible de emenda a presentación fóra do prazo indicado na convocatoria da seguinte documentación, considerada como mínimo imprescindible para a tramitación da solicitude de axuda:

a) Anexo A1 de solicitude da axuda.

b) Anexo A2 de memoria cuberto adecuadamente, e que inclúa, en particular, a relación pormenorizada dos investimentos previstos co seu importe sinalados no seu número 9».