Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 12947

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se dá publicidade da subvención concedida ao abeiro da Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A).

O 9 de febreiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 21 de xaneiro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A).

Así mesmo, o 9 de febreiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 547364 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 23 de decembro de 2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou autorizar a concesión dunha subvención a Vodafone España, S.A., con NIF A80907397, por unha contía de 3.718.383,00 euros.

O 28 de decembro de 2021, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión e denegación de subvencións nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia, con indicación de que se notificase aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 17.3 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 21 de xaneiro de 2021 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que, consonte o establecido no artigo 5 da Resolución do 21 de xaneiro de 2021, as actuacións están cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco da submedida 7.4. de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR 2014-2020), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2020) 8432 final, do 25 de novembro de 2020.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da subvención concedida, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2022

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A, DOG núm. 26, do 9 de febreiro).

b) Programa: 571 A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.

d) Finalidade: subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados.

e) Beneficiaria: Vodafone España, S.A., con NIF A80907397.

f) Cantidades concedidas:

– Ano 2022: 2.500.000,00 €.

– Ano 2023: 1.218.383,00 €.