Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 5 de xaneiro de 2022, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores de Burela de concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Burela con destino á ocupación do dominio público portuario e do edificio da fábrica de xeo, liña soterrada e centro de transformación, para o desenvolvemento da actividade de subministración de xeo (expediente 14-05-19-C-2).

O día 2.12.2021 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores de Burela no dominio público portuario do porto de Burela con destino á ocupación do dominio público portuario e do edificio da fábrica de xeo, liña soterrada e centro de transformación, para o desenvolvemento da actividade de subministración de xeo, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de xaneiro de 2022

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte