Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2022 polo que se fai pública a resolución de adxudicación do concurso público (procedemento aberto, sistema multicriterio) convocado para a selección de oferta para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á prestación do servizo de pasaxe no porto do Grove.

En cumprimento do principio de publicidade recollido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, faise pública a Resolución do 3 de febreiro de 2021, ditada pola presidenta da entidade pública empresarial Portos de Galicia, en virtude das facultades conferidas polo artigo 12.3.g) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co disposto nos artigos 131.2, 150.3 e 156 da Lei de contratos do sector público, pola que se acorda adxudicar, mediante procedemento aberto, o concurso convocado para a selección de oferta para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á prestación de servizos á pasaxe en portos e instalacións portuarias da Comunidade Autónoma de Galicia: porto do Grove, a favor dos seguintes licitadores e embarcacións:

Adxudicatarios:

– Cruceros Rías Baixas, S.L. (embarcación Aquarium Cat).

– Cruceros de Arosa, S.L. (embarcación Soy de Ons).

– Cruceros Rías Baixas, S.L. (embarcación Visión Dous).

– Monroa, S.L. (embarcación Pelegrín Tres).

– Cruceros Ángel, S.L. (embarcación Babuxa I).

– Minicruceros Proba, S.L. (embarcación Proba Catamarán Dos).

– Turimares, S.L. (embarcación Fly Delfín).

– Cruceros do Ulla, S.L. (embarcación Cormorán Yet).

– Minicruceros Proba, S.L. (embarcación Barcolatoja).

– Monroa, S.L. (embarcación Pelegrín Cuatro).

– Barcos de Málaga (embarcación Visión Uno).

– Cruceros Ángel, S.L. (embarcación Babuxa II).

– Mares do Grove, S.L. (embarcación Neptuno).

– Santiago Domínguez Bea (embarcación Palleiro Cuatro).

Así mesmo, faise público que, en cumprimento do disposto no artigo 151.1 da Lei de contratos do sector público, a referida resolución foi debidamente notificada a todos os licitadores e publicada no perfil de contratante da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia