Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCION do 1 de febreiro de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas A.A. III e doce máis.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas A.A. III, A.A. IV, A.A. V, A.A. VI, A.A. VII, Acuña II, Acuña III, Acuña V, Acuña VI, Cervera B, Cervera C, Ríos Abal II, Ríos Abal III, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Mediante escrito do 17 de xaneiro de 2022, Celia Paredes Pequeño solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas A.A. III, A.A. IV, A.A. V, A.A. VI, A.A. VII, Acuña II, Acuña III, Acuña V, Acuña VI, Cervera B, Cervera C, Ríos Abal II, Ríos Abal III.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Marcelino Acuña, S.A. (A36004364), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: A.A. III.

Situación:

Cuadrícula nº: 20.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.6.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: A.A. IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 62.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20.4.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: A.A. V.

Situación:

Cuadrícula nº: 74.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.7.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: A.A. VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 81.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.6.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: A.A. VII.

Situación:

Cuadrícula nº: 75.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.6.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña II.

Situación:

Cuadrícula nº: 22.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.9.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña III.

Situación:

Cuadrícula nº: 23.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.9.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña V.

Situación:

Cuadrícula nº: 67.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15.4.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 73.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15.4.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Cervera B.

Situación:

Cuadrícula nº: 51.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.2.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Cervera C.

Situación:

Cuadrícula nº: 42.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Ríos Abal II.

Situación:

Cuadrícula nº: 69.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 17.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Ríos Abal III.

Situación:

Cuadrícula nº: 60.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 27.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Celia Paredes Pequeño (***9021**).

Novo titular: Marcelino Acuña, S.A. (A36004364).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de febreiro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo