Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2022 Páx. 12117

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 10 de febreiro de 2022 pola que se fixan os prezos privados para a venda ao público de diversas publicacións.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que, excepcionalmente, poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda, o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Clara Carvajal: Por unha bioloxía da imaxe. 35 €.

San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros. 15 €.

Guía Museo de Belas Artes da Coruña. 27 €.

Guía Museo de Belas Artes da Coruña. 27 €.

Guidebook to Museum of Fine Arts of A Coruña. 27 €.

Castillo, escultor. 45 €.

Destino unha peregrinación de Manuel Valcárcel. 40 €

Tigres en magnolias: A maxia como transformación na arte contemporánea. 14 €.

Walking East. 35 €.

Destino unha peregrinación de Manuel Valcárcel. 2 €.

Alejandro González Pascual. 1930-1993. 30 €.

Postais para recordar: O fondo fotográfico Arribas do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. 22 €.