Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2022 Páx. 12115

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2021.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre de 2021

Descrición

Área

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

DXM

27.12.2021

2.431.292,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Naviera Mar de Ons, S.L., para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

DXM

23.12.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Naviera Illa de Ons, S.L., para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Moaña-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

DXM

24.12.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Naviera de las Rías Gallegas, S.L., para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

DXM

23.12.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Mos e a empresa servicios de autobús Lar, S.L.-Autoslar, como concesionaria do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e as súas obrigas asociadas na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

DXM

23.12.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a instalación de refuxios nas paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia.

DXM

8.9.2021

0,00 €