Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12095

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

A Resolución da Alcaldía nº 33/2022, do 14 de xaneiro, do Concello de Teo, resolveu o seguinte:

Primeiro. Nomear como funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna, a Diego Rodríguez Porto, con DNI nº ***0074**, para prover unha (1) praza de técnico de xestión económica e tesouraría.

Segundo. Notificar a presente resolución ao aspirante nomeado, comunicándolle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento, de conformidade co artigo 60.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 12, do 19 de xaneiro de 2022, publicouse a devandita resolución.

Teo, 26 de xaneiro de 2022

Rafael Carlos Sisto Edreira
Alcalde