Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación, con carácter temporal, de operario/a de limpeza.

A Resolución da Alcaldía nº 25/2022, de 12 de xaneiro, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operario/a de limpeza no Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 11, do 18 de xaneiro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo www.teo.gal

Teo, 18 de xaneiro de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde