Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica aos interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do modificado do proxecto da LAT 132 kV D.C. sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. de Ludrio da LAT 132 kV S.C. sub. Ludrio-sub. Meira (expediente IN407A 2019/25 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias poderán facelo logo de cita obtida no teléfono 982 29 46 63.

Lugo, 3 de febreiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/25 AT.

Denominación: modificado do proxecto da LAT 132 kV D.C. sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. de Ludrio da LAT 132 kV S.C. sub. Ludrio-sub. Meira.

Situación: concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo).

Parcela

Referencia

catastral

Lugar

Termo municipal

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Accesos

Soterrada

Apoio

Voo

Pol.

Parc.

Superficie ocupada (m2)

Lonxitude (m)

Superficie afectada (m2)

Lonxitude (m)

Superficie afectada (m²)

Lonxitude (m)

Superficie afectada (m²)

5

14

160

Chousa do Carballo Seco

Castro de Rei

Darío Vázquez Legaspi

MA

4 (1/2)

36

 

104