Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12045

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 16 de febreiro de 2022 pola que se deixa sen efecto a publicación da Orde do 7 de febreiro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

No Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 16 de febreiro de 2022, publicouse por erro a Orde do 7 de febreiro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta consellería.

En consecuencia, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Deixar sen efecto a Orde do 7 de febreiro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo (DOG núm. 32, do 16 de febreiro).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022

María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda