Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11806

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Coles de diversos aspectos normativos e das aliñacións nas estradas autonómicas, nas da Deputación Provincial de Ourense e nas da Rede municipal do Plan xeral de Coles, mediante Acordo do Pleno con data do 19 de novembro de 2021.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello

(http://concellodecoles.sedelectronica.gal).

Este anuncio servirá de notificación aos interesados no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Coles, 23 de novembro de 2021

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde