Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11804

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación dunha zona de equipamentos públicos en Vilarrodís (expediente 2019/U035/000002 (1/2017. PEDT).

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar por medios telemáticos o xoves 30 de decembro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial, coas modificacións resultantes das alegacións formuladas e dos informes emitidos, isto é, o documento que tivo entrada o 21 de decembro de 2021 (7547) Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación dunha zona de equipamentos en Vilarrodís, subscrito polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira (datado en decembro de 2021), documento para aprobación definitiva, co documento que incorpora (número 2.7 da memoria informativa) o estudo da paisaxe elaborado de acordo co sinalado no artigo 35 do Regulamento da Lei 7/2008.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberase realizar no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto coa publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico no cal figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Comunicarlle o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificarlles individualmente a aprobación definitiva do Plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a ligazón en que se poderá consultar a documentación íntegra aprobada definitivamente é a seguinte: https://sede.arteixo.org/opencms/es/informacion/

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Arteixo, 14 de xaneiro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 1513/2021, do 7.6.2021)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado en materia de Urbanismo e Patrimonio