Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 1 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia no expediente sancionador na orde social RL 2016/0277-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, a copia da sentenza firme, do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, ditada no procedemento número 331/2020, polo accidente laboral mortal do traballador Antonio García Pérez.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (30.11.2016).

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2016/0277-4.

Acta: I362016000106715.

Empresa: Serrerías Roal, S.L.U.

Enderezo: Chan da Ponte, Salvaterra de Miño.

Vigo, 1 de febreiro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra