Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador PS-DXIS-04-2021.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) emprazase a persoa interesada para notificarlle a resolución administrativa citada no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social, Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, 8A, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na resolución administrativa indicada, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación do citado acto administrativo tras a comparecencia, tal e como prescribe o artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Logo de transcorrer o devandito prazo sen interpoñer o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-04-2021.

Persoa interesada: NIE X6637912C.

Acto de notificación: Resolución do 10 de decembro de 2021 de declaración da caducidade do procedemento sancionador.

Órgano competente: Dirección Xeral de Inclusión Social.