Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2022 de notificación á persoa interesada no expediente disciplinario 1/2022.

Tentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da persoa interesada e na sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, en que poderá recoller a notificación mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Apoio Técnico (planta baixa) da Secretaría Xeral da Presidencia, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Considerarase practicada a notificación a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Expediente disciplinario DIS 1/2022.

Persoa interesada: 34892125K.

Acto de notificación: citación para comparecencia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022

Eva María Sanín Mariño
Instrutora