Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 10992

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 24, do venres 4 de febreiro de 2022, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 7596, no artigo 30, onde di:

«1. A Comisión de Valoración examinará as solicitudes debidamente presentadas, dentro de cada liña e de cada subliña, consonte os criterios e a ponderación que a seguir se relacionan:

a) Segundo o tipo de empresas (de 0 a 5 puntos):

Empresas de 6 (15 no caso de plans de igualdade) e ata 20 persoas traballadoras: 5 puntos.

Empresas de máis de 20 e a ata 30 persoas traballadoras: 3 puntos.

Empresas de máis de 30 persoas traballadoras: 1 punto».

Debe dicir:

«1. A Comisión de Valoración examinará as solicitudes debidamente presentadas, dentro de cada liña e de cada subliña, consonte os criterios e a ponderación que a seguir se relacionan:

a) Segundo o tipo de empresas (de 0 a 5 puntos):

Empresas de ata 20 persoas traballadoras: 5 puntos.

Empresas de máis de 20 e a ata 30 persoas traballadoras: 3 puntos.

Empresas de máis de 30 persoas traballadoras: 1 punto».

Esta corrección de erros non amplía o prazo de presentación de solicitudes.