Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de requirimento de retirada de especies arbóreas e xestión da biomasa (expediente 2021/X999/000126).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que o/a titular do ben que se relaciona a seguir é descoñecido/a e que resulta imposible a súa notificación, comunícaselle á persoa responsable a súa obriga legal de xestión da biomasa e da retirada das especies arbóreas prohibidas na parcela que se describe, imposta no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

9.11.2021

15012A047005620000EZ

Rabalde. Pol. 47/parc. 562

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que no informe técnico de inspección realizado sobre a parcela de referencia se comprobou que a referida parcela está a incumprir o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo de quince (15), días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa e a corta das árbores prohibidas na citada parcela, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

2º. No caso da persistencia do incumprimento de xestión da biomasa e da retirada das árbores prohibidas no prazo outorgado, esta administración procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria, coa repercusión do custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, esta administración procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata no caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e a corta das árbores prohibidas están recollidos no informe técnico de inspección, con data do 9 de novembro de 2021, conforme o seguinte detalle:

Predio

Superficie

Tipo de limpeza

Importe

562

160 m2

100 % mecanizada (60,00 €/hora)

90,00 €

CMTP.03

160 m2

Desarborizamento e destocamento (0,56 €/m2)

89,60 €

Xestión de residuos (carga, transporte e canon en vertedoiro autorizado)

100,00 €

Total:

279,60 €

4º. No caso da persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

Boqueixón, 19 de xaneiro de 2022

Manuel Fernández Munín
Alcalde presidente