Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10464

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022 pola que se dá publicidade de varios encargos a medio propio realizados por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 17 de decembro de 2021, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), o servizo de apoio técnico administrativo na tramitación das axudas ao abeiro de programas de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable ou de aforro e eficiencia enerxética

– Actividade: apoio técnico e administrativo na tramitación das axudas ao abeiro do programa de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable e ao aforro e eficiencia enerxética, entre elas o Programa MOVES, MOVES II, Plan de vehículos eficientes e Plan Renove electrodomésticos, e aquelas outras axudas dedicadas á mobilidade eficiente e sustentable e ao aforro e mellora da eficiencia enerxética que determine o Inega durante o ano 2022.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto, con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. O orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e cinco mil setecentos noventa e seis euros con sesenta e oito céntimos (75.796,68 €), con cargo á aplicación orzamentaria 06-A3-733A-641.90 (código proxecto 201500006).

2. Resolución do 17 de decembro de 2021, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de asistencia técnica ao mantemento informático da aplicación Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia e o control técnico das certificacións rexistradas durante o ano 2022.

– Actividade: mantemento correctivo e evolutivo da aplicación RGEEE, e execución do plan de control dos certificados de eficiencia enerxética de edificios rexistrados.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto, con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. O orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e cinco mil seiscentos vinte e oito euros con corenta e cinco céntimos (95.628,45 €), de acordo coa seguinte repartición por aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

(Código proxecto)

Anualidade 2022

06-A3-733A-227.99 (201500006)

56.261,95 €

06-A3-733A-640.91 (201500006)

39.366,50 €

Totais

95.628,45 €

3. Resolución do 31 de xaneiro de 2022, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os servizos de desenvolvemento de novas funcionalidades/aplicacións, soporte e mantemento de varios sistemas de tramitación de procedementos electrónicos.

– Actividade: soporte e mantemento de varios sistemas de tramitación de procedementos electrónicos.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de febreiro de 2022 ata o 31 de xaneiro de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. O orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos trinta e nove mil trinta euros con sesenta e nove céntimos (239.030,69 €), da aplicación orzamentaria 09 A2 733A 640.91, distribuídos segundo o seguinte cadro de códigos de proxecto e anualidades:

Anualidade

Código proxecto

201500006

Código proxecto

202100012

Total

2022

167.560,37 €

50.000,00 €

217.560,37 €

2023

21.470,32 €

-

21.470,32 €

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia