Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10467

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada Consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración suscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2021

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Consellería de Política Social para a posta a disposición e xestión de vivendas no marco do plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 e do programa europeo «Transformación da rede de coidados de longa duración a través da construción, adquisición, reforma e modernización de equipamentos»

Establecer as condicións de colaboración entre as partes para a posta a disposición e a xestión de vivendas no marco do plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 e do programa europeo «Transformación da rede de coidados de longa duración a través da construción, adquisición, reforma e modernización de equipamentos».

Sen achega

19.11.20211

Addenda para modificar a cláusula décimo primeira do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Caixa Rural Galega, sociedade cooperativa de crédito limitada galega, de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas e prorrogar a súa vixencia.

• Modificar a cláusula décimo primeira, relativa á información básica sobre protección de datos persoais.

• Prorrogar a vixencia do Convenio, en virtude do disposto na súa cláusula décima, ata o 3 de marzo de 2025.

Sen achega

30.11.2021

Addenda para modificar a cláusula décimo primeira do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Abanca Corporación Bancaria, S.A., de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas e prorrogar a súa vixencia.

• Modificar a cláusula décimo primeira, relativa á información básica sobre protección de datos persoais.

• Prorrogar a vixencia do Convenio, en virtude do disposto na súa cláusula décima, ata o 3 de marzo de 2025.

Sen achega

1.12.2021

Addenda para a quinta prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, S.A. para a cesión de vivenda destinada ao aluguer alcanzable.

Estender a duración do convenio desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

Anualidade 2022:

71.100,00 €

20.12.2021

Addenda para modificar a cláusula décimo primeira do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Banco de Sabadell, S.A., de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas e prorrogar a súa vixencia.

• Modificar a cláusula décimo primeira, relativa á información básica sobre protección de datos persoais.

• Prorrogar a vixencia do convenio, en virtude do disposto na súa cláusula décima, ata o 3 de marzo de 2025.

Sen achega

20.12.2021

Addenda para modificar a cláusula décimo primeira do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Caixabank, S.A., de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas e prorrogar a súa vixencia.

• Modificar a cláusula décimo primeira, relativa á información básica sobre protección de datos persoais.

• Prorrogar a vixencia do convenio, en virtude do disposto na súa cláusula décima, ata o 3 de marzo de 2025.

Sen achega

23.12.2021

Convenio de Colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Consellería de Política Social para a posta á disposición e xestión de vivendas no marco do Plan de Atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 e do programa europeo Transformación da rede de coidados de longa duración a través da construción, adquisición, reforma e modernización de equipamento.

• Establecer as condicións de colaboración entre as partes para a posta a disposición e a xestión de vivendas no marco do Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 e do programa europeo.

Transformación da rede de coidados de longa duración a través da construción, adquisición, reforma e modernización de equipamentos.

Sen achega

19.11.2021

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo polo que se prorroga a vixencia do Consorcio do Casco Vello de Vigo.

Prórroga da vixencia do Consorcio do Casco Vello de Vigo ata o 31.12.2025.

Anualidade:

• 2022: 400.000 €

2023: 400.000 €

2024: 400.000 €

2025: 400.000 €

28.12.2021

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos á área de rexeneración e renovación urbana de Sober (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021.

A modificación do número de vivendas obxecto de rehabilitación e de edificación, así como a redistribución dos custos e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais.

Sen achega

22.11.2021

Addenda para a modificación do acordo da Comisión Bilateral celebrada o 26 de outubro de 2018, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo de Santo Tomé en Caldas de Reis (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021.

A modificación do número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais.

Sen achega

22.11.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do Barrio de Recimil en Ferrol, 3ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 8 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

37.647,06 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do Barrio de Vite en Santiago de Compostela 4ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 96 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

178.345,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do Barrio de Esteiro Vello en Ferrol, 4ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 30 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

57.274,11 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana dos grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga Palacios do Barrio de Pontepedriña en Santiago de Compostela 8ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 40 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

93.065,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana renovación urbana do Barrio da Graña en Ferrol, 10ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 8 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

20.229,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana dos barrios históricos da Magdalena e Ferrol Vello (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 85 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

234.805,83 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Corcubión (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 3 vivendas, así como a rehabilitación de 14 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

36.838,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Santiago de Compostela, 18ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 50 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

11.932,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana dos núcleos de Mugardos e O Seixo en Mugardos, 7ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 2 vivendas, así como a rehabilitación de 2 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

16.021,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Rianxo, Rianxiño e A Fincheira en Rianxo, 9ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 6 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

13.695,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Noia, 15ª fase (A Coruña). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 10 vivendas, na Área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

25.840,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do conxunto histórico de Castro de Rei, 1ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 1 vivenda, así como a rehabilitación de 13 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

31.008,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco antigo de Chantada, 15ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 6 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

18.088,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana das parroquias do Buriz e Os Vilares en Guitiriz, 1ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 15 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

31.008,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Lugo, 16ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 30 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

99.808,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Mondoñedo e dos barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños, do termo municipal de Mondoñedo, 18ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 40 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

81.861,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do conxunto histórico e zonas de respecto en Monforte de Lemos, 13ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 4 vivendas, así como a rehabilitación de 40 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

104.785,77 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo urbano de Quiroga, 8ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 5 vivendas, na Área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

7.235,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico da Vila de Ribadeo, 14ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 18 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

53.556,23 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo de Rinlo en Ribadeo, 7ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 8 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

23.802,77 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do concello rural Sober, 7ª fase (Lugo). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 1 vivenda, así como a rehabilitación de 14 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

25.840,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do centro histórico de Castro Caldelas,11ª fase (Ourense). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 1 vivenda, así como a rehabilitación de 5 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

25.840,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Ourense, 18ª fase (Ourense). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 50 vivendas, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

58.463,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo de Seixalbo, concello de Ourense, 13ª fase (Ourense). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 6 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

15.750,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do Polvorín, Camelias e Carballeira en Ourense, 6ª fase (Ourense). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 50 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

40.000,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do renovación urbana dos barrios Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada en Ourense, 4ª fase (Ourense). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 8 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Sen achega

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco antigo de San Cristovo en Ribadavia, 8ª fase (Ourense). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 1 vivenda, así como a rehabilitación de 4 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

19.639,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Ribadavia, 18ª fase (Ourense). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 1 vivenda, así como a rehabilitación de 7 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

34.535,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo de Santo Tomé en Caldas de Reis, 3ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 50 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

76.745,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do conxunto histórico de Pontevedra, 5ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 2 vivendas, así como a rehabilitación de 50 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

167.083,66 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo de Estribela en Pontevedra, 10ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 25 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

12.192,34 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Tui, 15ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

Obras de rehabilitación en edificios e vivendas, de urbanización ou reurbanización de espazos públicos e, no seu caso, de edificación de edificios ou vivendas en substitución de edificios ou vivendas derruídos, dentro de ámbitos de actuación, na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

16.383,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco vello de Vigo, 19ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 6 vivendas, así como a rehabilitación de 50 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

129.172,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Bouzas en Vigo, 14ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A edificación de 2 vivendas, así como a rehabilitación de 20 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

47.889,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do grupo de casas Santa Clara, Cabral en Vigo, 5ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 25 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

26.237,50 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana das rúas Bueu-Moaña, polígono de Coia en Vigo, 6ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 80 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

91.960,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana Beiramar, Vigo, 1ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 30 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

31.485,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do Espiñeiro-Teis, Vigo, 1ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 30 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

31.485,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do San Pablo, Vigo, 1ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 30 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

31.485,00 €

1.12.2021

Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana de San Roque, Vigo, 1ª fase (Pontevedra). Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2021.

A rehabilitación de 35 vivendas na área de rexeneración e renovación urbana obxecto do presente acordo.

Anualidade 2021:

36.706,50 €

1.12.2021