Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10433

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 157, do 17 de agosto).

A Orde do 3 de agosto de 2021 (DOG núm. 157, do 17 de agosto) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o artigo 34 da referida orde reguladora dispón que a Consellería do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, as axudas concedidas con suxeición a esta orde, e indicará o programa e crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2021, con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.723C.780.0 e 15.03.723C.770.0 para o financiamento de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Proxectos non produtivos

Aplicación 15.03.723C.780.0

Proxecto

Beneficiario/a

Total (€)

GALP1-196 Sabores do mar, saboreando a vida

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

53.379,81

GALP1-198 Melloras en hixiene, seguridade e rastrexabilidade

Confraría de Pescadores de Ribadeo

6.782,65

GALP1-199 Definición, deseño e implementación de rutas tematizadas para a promoción do patrimonio mariñeiro do concello de Cedeira. Cedeira Mariñeira

Concello de Cedeira

44.528,00

GALP1-201 Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos municipios de Ares e Valdoviño. Ares e Valdoviño no Mar

Concello de Valdoviño

39.990,50

GALP1-204 Valorización da actividade pesqueira e marisqueira e dos seus espazos extractivos no litoral de Cedeira. Cedeira mar.

Concello de Cedeira

79.396,16

GALP1-205 Mens sana in corpore sano, porque como peixe

Fundación Expomar

13.826,00

GALP1-206 XXIX Xornadas técnicas e XXIII Encontro empresarial

Fundación Expomar

9.416,70

GALP1-207 Xeración de contidos turísticos e de soportes de sinalización para o trazado no concello de Valdoviño do camiño vello a Santo André de Teixido. Camiño a Teixido

Concello de Valdoviño

16.111,15

GALP2-204 Ares descobre

Concello de Ares

40.075,20

GALP2-205 Recuperación ambiental e accesos á ribeira de Chantada e Porto

Concello de Paderne

21.097,54

GALP2-206 Compra de ordenador e impresora

Confraría de Pescadores de Ares

1.311,33

GALP2-207 Entreplanta para nave

Confraría de Pescadores de Ares

44.703,00

GALP2-209 Proxector con pantalla e SAI para formación e vehículo isotermo para a mellora da comercialización na Confraría de Miño

Confraría de Pescadores de Miño

18.687,55

GALP2-211 Mellora da accesibilidade e posta en valor da contorna da praia do Xuncal

Concello de Ares

39.537,28

GALP2-213 Fondeando na senda Ártabra: unha viaxe de descubrimento

Asociación de Veciños Os Irmandiños

17.588,40

GALP2-214 Dieta ártabra

Concello de Ferrol

81.191,00

GALP2-215 Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos concellos de Ares e Valdoviño

Concello de Ares

64.643,04

GALP2-216 Mellora da eficiencia enerxética da Confraría de Barallobre

Confraría de Pescadores de Barallobre

5.182,00

GALP2-218 Valorización da actividade marisqueira e dos seus espazos extractivos no litoral de Cabanas. Cabanas Mar

Concello de Cabanas

72.908,55

GALP2-220 Centro Municipal de Emprego. Emprendemento e formación no Concello de Miño

Concello de Miño

100.072,55

GALP2-224 Narón emprende en azul

Concello de Narón

41.717,34

GALP3-089 Promoción e posta en valor da pesca artesanal de Laxe

Confraría de Pescadores de Laxe

13.306,81

GALP3-090 Descobre o tesouro atlántico: TesOuroAtlántico

Asociación Profesional Percebe da Barca

43.015,50

GALP4-113 Plan de sinalización informativa o patrimonio no itinerario xacobeo

Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros e Noia

6.054,40

GALP4-115 Feira náutica do Freixo 22 en Outes

Concello de Outes

38.720,00

GALP5/283 Ribeira destino litoral sostible: o mar un patrimonio visible

Concello de Ribeira

43.629,60

GALP5/284 Miradoiro sobre Cortegada e os lombos do Ulla en Xiabre

Concello de Vilagarcía de Arousa

50.689,22

GALP5/285 Posicionamento e rastrexabilidade da comercialización da xouba do mar

Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Rianxo

36.994,00

Concello de Rianxo

959,07

GALP5/286 Mellora da gobernanza na xestión marisqueira no ámbito territorial

Confraría de Pescadores La Pastoriza de Vilanova

19.442,12

GALP5/291 Mar sen límites: proxecto de vela inclusivo

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

24.482,66

GALP5/292 Ruta da industria conserveira como actividade

Concello da Illa de Arousa

47.782,90

GALP5/293 Mar diverso: Festival de arte inclusivo e patrimonio costeiro

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

30.554,56

GALP6-224 Posta en valor e mellora da accesibilidade, protección dunar e dotación de servicios das praias do litoral de Sanxenxo

Concello de Sanxenxo

64.759,20

GALP6-228 Descubrindo o ENIL Xunqueira de Alba

Concello de Pontevedra

7.797,11

GALP6-230 Salvagarda do ecosistema no ámbito territorial da Confraría de Pontevedra

Confraría de Pescadores de Pontevedra

30.559,03

GALP7-162 Rehabilitación, posta en valor e acondicionamento Forno do Cal

Concello de Vilaboa

93.444,90

GALP7-166 Alternativas revalorización produtos mariños da Confraría de Cangas

Confraría de Pescadores de Cangas

35.722,49

GALP7-167 San Xerome con todo o mar: accesibilidade e á competitividade (EMP)

Asociación San Xerome Emiliani

34.045,48

GALP7-169 Somos confraría

Confraría de Pescadores de Vigo

35.906,77

GALP8-104 Gobernanza na ría de Betanzos

ADR Mariñas-Betanzos

9.680,00

Proxectos produtivos

Aplicación 15.03.723C.770.0

Proxecto

Beneficiario/a

Total (€)

GALP1-202 Mellora dos recursos loxísticos

Terra do Marisco, S.L.

14.557,64

GALP1-203 Promoción e melloras sistema de elaboración de conservas Faro de Burela

Rodil Lozano, S.L.

3.531,50

GALP2-203 Cunchas Casaprima

Cunhas Casafrei, S.L.

23.166,71

GALP2-208 Adquisición de balanza Júpiter 22V, prato fondo, colgante. Impresora. Display LCD

María Elena Castro Gómez

750,00

GALP2-210 Mellora na comercialización

Juan Carlos Santalla Medín

17.493,04

GALP2-212 Casa Carmelita Marinera fase 2

Laura Bárcenas Pérez

25.691,00

GALP2-219 Mellora de medios de transporte

El Pirata Hambriento, S.L.

22.848,34

GALP2-223 Compra remolque, caixón isotermo e remolque de embarcación

Gustavo A. Chacartegui Pérez Castrillón

7.552,80

GALP2-225 Elaboración de merchandising de turismo mariñeiro e Camiño Inglés

Cherter Comunicación, S.L.

26.570,18

GALP3-084 Camariñas 1868. El barómetro

José Manuel Blanco Rey

200.000,00

GALP3-086 Náutico de Razo

Carmen Felisa García

183.393,42

GALP3-093 Pazo de Trasariz Seafood Events

Trasariz Desarrollo Inmobiliario, S.L.

182.393,93

GALP4-114 Adaptación da planta de procesado a novos produtos procedentes da pesca costeira artesanal: peixe conxelado

Confraría de Pescadores de Lira

29.360,00

GALP7-160 Mellora das condicións de seguridade e sustentabilidade de Gandón, S.A.

Gandón, S.A.

175.921,63

GALP7-164 Diferent Charter Galicia, S.L.

Charter Galicia, S.L.

25.189,20

GALP7-165 Algas deshidratadas para diferentes usos

HQSeaweed, S.L.

7.775,10