En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade da Coruña,
DISPOÑO:
Artigo único.
Que cese, como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, Anxo Calvo Silvosa, en representación da Universidade da Coruña.
Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil vinte e dous
Alberto Núñez Feijóo
Presidente