Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10103

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 9 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a revisión dos materiais de base (fontes de semente e mouteiras) inscritos no Rexistro galego de materiais de base e para a selección de novos materiais de base, a súa inscrición no Rexistro e conservación in situ e ex situ na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2021, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: a revisión das unidades de admisión de materiais de base procedentes de fontes de semente e mouteiras que actualmente están inscritas no Rexistro galego de materiais de base; a localización de novas unidades de admisión de especies forestais de especial interese e a localización de pés de Quercus robur e Betula pubescens como apoio a programas xa iniciados de mellora xenética.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos sesenta e un mil setecentos cinco euros con vinte e cinco céntimos (361.705,25 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 640.1 (código proxecto 2016 00202).

2. Resolución do 18 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o establecemento, revisión e análise da rede de avisos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2021 e 2022, cofinanciado con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: establecer unha rede de parcelas para ter unha información continua do estado fitosanitario dos montes galegos e crear unha rede de avisos fitosanitarios para ter datos a tempo real en distintas épocas do ano e para comunicar aos silvicultores o momento óptimo para realizar os distintos tratamentos integrais contra as pragas e doenzas das especies forestais detectadas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de xuño de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte e catro mil cincocentos noventa e oito euros con sesenta e nove céntimos (224.598,69 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.6 (código proxecto 2016 00199).

3. Resolución do 22 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a mellora de puntos de auga para carga de helicópteros de extinción de incendios forestais na provincia da Pontevedra, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: a mellora de seis depósitos de auga metálicos con capacidade para a carga de helicópteros. Os traballos proxectados localízanse nos concellos de Rodeiro, Dozón, Lalín, Cerdedo-Cotobade (distrito forestal XVI–Deza-abeirós), Marín (distrito forestal XIX–Caldas-O Salnés), e Oia (distrito forestal XVIII–Vigo-Baixo Miño).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses, a partir do día seguinte á data de sinatura da acta de comprobación de implantación e unha vez asinada a orde de execución.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte e oito mil trescentos setenta e oito euros con sesenta e nove céntimos (228.378,69 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B 622.1 (código proxecto 2016 00212).

4. Resolución do 22 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de cinco puntos de carga de helicópteros e autobombas nos concellos de Boborás, A Peroxa, Vilamartín de Valdeorras, Viana do Bolo e Lobeira da provincia de Ourense, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: a construción de 5 puntos de carga de helicópteros e autobombas localizados no monte de Cameixa no concello de Boborás (distrito forestal XI–O Ribeiro-Arenteiro), no monte de San Nicolao no concello da Peroxa (distrito forestal XII–Miño-Arnoia), no monte de Coto de San Vicente no concello de Vilamartín de Valdeorras (distrito forestal XIII–Valdeorras-Trives), no monte de Cistelos no termo municipal de Viana do Bolo (distrito forestal XIV–Verín-Viana) e no monte dos Chaos no concello de Lobeira (distrito forestal XV–A Limia).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses, a partir do día seguinte á data de sinatura da acta de comprobación de implantación e unha vez asinada a orde de execución.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos sesenta e sete mil seiscentos vinte e dous euros con noventa e cinco céntimos (267.622,95 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B 622.1 (código proxecto 2016 00212).

5. Resolución do 24 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións de loita contra pragas e enfermidades defoliadoras dos piñeiros en montes da Comunidade Autónoma de Galicia durante os anos 2021 e 2022, cofinanciado con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: levar a cabo unha serie de tratamentos necesarios para o control de certos axentes defoliadores das masas de coníferas, en particular: tratamentos fitosanitarios, subministración de feromonas e trampeo, tratamentos silvícolas e control biolóxico e de pragas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos vinte e sete mil cento oito euros con noventa e un céntimos (627.108,91 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.6 (código proxecto 2016 00199).

6. Resolución do 6 de outubro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a formación durante o ano 2021 para o persoal do Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte e entes instrumentais dependentes da Consellería do Medio Rural.

– Actividade: planificar a formación que se vai impartir a curto prazo ao persoal dependente do Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte durante o ano 2021, así como ao persoal dos entes instrumentais dependentes da Consellería do Medio Rural no relativo ás doenzas máis salientables das especies forestais, así como no ámbito do material forestal de reprodución.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 31.12.2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de dezasete mil cincocentos corenta e oito euros e setenta e cinco céntimos (17.548,75 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 640.1 (código proxecto 2011 00977).

7. Resolución do 25 de outubro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a restauración do potencial forestal danado polos incendios forestais mediante obras de restauración hidrolóxica-forestal en varios montes dos concellos do Incio e Samos do distrito forestal IX: Lugo-Sarria, na provincia de Lugo, cofinanciado polo Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: restauración do potencial forestal danado co fin de mellorar a sanidade das masas arbóreas e axudar á rexeneración repoboando aqueles rasos froito de diversos incendios forestais, nos seguintes montes conveniados coa Consellería do Medio Rural: CMVMC de Trascastro, CMVMC de San Pedro, CMVMC de Coto Redondo e Monte de Ferrería e Coto Redondo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses e comezará a contar desde o día da sinatura da acta de comprobación de implantación dos traballos.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos mil seiscentos cincuenta e catro euros e cincuenta e tres céntimos (400.654,53 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.4 (código proxecto 2016 00200).

8. Resolución do 19 de novembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a Reparación do camiño da Calle a Damil (AB-0364) (Abegondo-A Coruña).

– Actividade: proxecto de mellora do camiño da Calle a Damil (AB-0364) de 2.390,00 metros de lonxitude e 4,00 metros de ancho do concello de Abegondo (A Coruña), mediante as actuacións de limpeza de gabias, ampliación lateral, rega de adherencia/imprimación, pavimentación e mellora da sinalización vertical e horizontal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e catro mil novecentos trinta e oito euros con setenta e un céntimos (94.938,71 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código proxecto 2016 00219).

9. Resolución do 19 de novembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a mellora de camiños municipais (Chantada-Lugo).

– Actividade: reparación dos danos nas vías de titularidade municipal provocados pola escorrentía acaecida o día 16 de xuño de 2021 nas parroquias de San Fiz de Asma e Pesqueiras do concello de Chantada (Lugo) sobre un total de 9 treitos de camiños municipais, cunha lonxitude total de 1.780 metros e ancho de plataforma de 3 metros.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e oito mil trescentos dezaseis euros con vinte e dous céntimos (98.316,22 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural