Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10110

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 10 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en Montes Veciñais en Man Común da provincia da Coruña, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: as actuacións que se van realizar son actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 7 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e oito mil setecentos cincuenta e seis euros con corenta e sete céntimos (188.756,47 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

2. Resolución do 10 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en Montes Veciñais en Man Común da provincia de Lugo, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: as actuacións que se van realizar son actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos corenta mil trescentos sesenta e un euros con cincuenta e catro céntimos (440.361,54 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

3. Resolución do 10 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en Montes Veciñais en Man Común da provincia de Ourense, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: as actuacións que se van realizar son actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cento sesenta e catro mil cincocentos sesenta e nove euros con trinta e seis céntimos (1.164.569,36 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

4. Resolución do 10 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en Montes Veciñais en Man Común da provincia de Pontevedra, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: as actuacións que se van realizar son actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos vinte e catro mil oitocentos sesenta e dous euros con oitenta céntimos (924.862,80 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

5. Resolución do 8 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a realización de actuacións preparatorias, peche perimetral e execución de pistas de adestramento no Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén, da Consellería do Medio Rural, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do Eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

– Actividade: realización dunha serie de actuacións no ámbito do Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén, como peche perimetral, análise estrutural das edificacións, construción dunha pista de adestramento para vehículos todo terreno e motobombas e construción dunha pista de adestramento e prácticas para bombeiros forestais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitocentos noventa e seis mil cento seis euros con catorce céntimos (896.106,14 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.632.1 (código de proxecto 2021 00082).

6. Resolución do 27 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a mellora de puntos de vixilancia na provincia da Coruña, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: realización das actuacións necesarias para a mellora de puntos de vixilancia contra o lume sitos nos concellos de Valdoviño e Monfero (distrito forestal I-Ferrol), Culleredo e Malpica de Bergantiños (distrito forestal II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas), Melide e Santiago de Compostela (distrito forestal III-Santiago-Meseta Interior), Ribeira, Lousame e Rois (distrito forestal IV-Barbanza) e Vimianzo (distrito forestal V-Fisterra).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta mil oitocentos oitenta e seis euros con doce céntimos (140.886,12 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

7. Resolución do 8 de agosto de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a construción de catro depósitos de auga e a mellora de seis puntos de auga, para prevención e defensa contra os incendios forestais nos distritos forestais VI, VIII e IX, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de catro depósitos de auga nos concellos de Friol (distrito forestal IX- Lugo-Sarria), Quiroga, Sober (distrito forestal VIII-Terra de Lemos) e Pontenova (distrito forestal VI-A Mariña Lucense), para a prevención e defensa contra os incendios forestais, así como a mellora de seis puntos de auga nos concellos de Bóveda, Ribas de Sil, Pantón, Saviñao e Taboada (distrito forestal VIII-Terra de Lemos), e Lugo (distrito forestal IX-Lugo-Sarria).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento setenta mil euros (170.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

8. Resolución do 31 de xullo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo para a revisión e actualización da cartografía do Rexistro Vitícola de Galicia para a Denominación de Orixe Rías Baixas-subzona de Ribeiras do Ulla.

– Actividade: obter unha cartografía actualizada do viñedo nunha zona piloto. Estes traballos identificarán e delimitarán o viñedo existente na subzona Ribeira do Ulla.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a recepción do encargo ata o 15 de setembro de 2021.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e tres mil douscentos noventa euros con vinte céntimos (33.290,20 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

9. Resolución do 13 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a redacción do proxecto de execución das obras de mantemento e restauración da Casa Grande de Viloira no Barco de Valdeorras (Ourense), así como os traballos previos necesarios para a validación da actuación por Patrimonio Cultural.

– Actividade: redacción do proxecto para a execución das obras de restauración e mantemento da casa grande de Viloira no Barco de Valdeorras así como os traballos previos necesarios para a validación de actuacións por Patrimonio Cultural, ao tratarse dun edificio catalogado.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de nove mil cincocentos vinte e cinco euros con nove céntimos (9.525,09 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.1 (código de proxecto 2014 00616).

10. Resolución do 30 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para os camiños secundarios na zona de reestruturación parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña), cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: execución de actuacións nun total de 27 camiños cunha lonxitude de 9.214,69 m, cun firme formado por unha capa de 30 cm de subbase e 10 cm de saburra artificial. Revestimento de gabias con formigón nalgúns treitos, sinalización e reposición de servizos afectados.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos sesenta e sete mil douscentos cincuenta e seis euros con trinta e dous céntimos (467.256,32 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

11. Resolución do 23 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a mellora de camiños na parroquia de Couso (Coristanco-A Coruña).

– Actividade: mellora de varios camiños que están intransitables en varios puntos mediante eliminación da capa vexetal, limpeza e apertura de gabias, perfilado e compactado de camiños, saneamento con pedraplén, firme con saburra...

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e seis mil novecentos cincuenta e seis euros con dezaseis céntimos (196.956,16 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

12. Resolución do 5 de outubro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a rede principal de camiños da zona de reestruturación parcelaria de Brandariz-Obra (sector Brandariz) (Vila de Cruces-Pontevedra), cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: proxecto de camiños principais da ZRP de Brandariz-Obra, formado por 26 camiños cunha lonxitude de 27.389 m, e acordos de 14 entronques en TTS sobre unha capa de 15 cms de macádam e 20 m de lonxitude, sinalización da rede e colocación das ODT previstas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 18 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cento cincuenta e nove mil oitenta e seis euros con corenta e cinco céntimos (1.159.086,45 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

13. Resolución do 23 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a rede de camiños principais da zona de reestruturación parcelaria de Oleiros (Silleda-Pontevedra), cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: proxecto da rede de camiños principais da ZRP de Oleiros, formada por 19 camiños cunha lonxitude de actuación de 11.382,98 m, con camiños de nova apertura e camiños para acondicionar. Asfaltado dos entroncamentos coas estradas provinciais ou autonómicas, obras de drenaxe lonxitudinal e transversal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 18 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón trescentos vinte e dous mil novecentos setenta e sete euros con sesenta e nove céntimos (1.322.977,69 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

14. Resolución do 5 de outubro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para execución do proxecto de adecuación de parcelas e edificacións da Xunta de Galicia para Centro Loxístico da Dirección Xeral de Defensa do Monte, no polígono industrial de Botos, Lalín-Pontevedra.

– Actividade: adecuación das edificacións e parcelas propiedade da Consellería do Medio Rural para implantación dun centro loxístico e taller mecánico centralizado para parte do parque móbil da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitocentos noventa e sete mil oitocentos oitenta e catro euros (897.884,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.632.1 (código de proxecto 2015 00605).

15. Resolución do 24 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a mellora de camiños na parroquia de Grixalba (Sobrado-A Coruña).

– Actividade: mellora de varios camiños da ZRP de Grixalba que se atopan intransitables mediante actuacións como a eliminación da capa vexetal, limpeza e apertura das cunetas, perfilado e compactado de camiños, saneamento con pedraplén, afirmado con saburras...

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos vinte e catro mil setecentos tres euros con trinta e catro céntimos (324.703,34 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

16. Resolución do 27 de setembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a mellora do firme e instalacións no aeródromo de Mazaricos (A Coruña).

– Actividade: mellora da pista do aeródromo mediante firme con saburra artificial, aplicación de capa de rodaxe con aglomerado en quente e sinalización horizontal. Labores de instalación eléctrica consistentes en melloras na canalización eléctrica, cadro eléctrico e caseta de aloxamento de equipos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 2 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta e oito mil cento sesenta euros con noventa e tres céntimos (278.160,93 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

17. Resolución do 21 de outubro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a mellora do firme no aeródromo de Doade (Lugo).

– Actividade: mellora da pista do aeródromo mediante o firme con saburra artificial, aplicación de capa de rodadura con aglomerado en quente e sinalización horizontal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 2 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sesenta e un mil seiscentos vinte e cinco euros con noventa e catro céntimos (161.625,94 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

18. Resolución do 4 de novembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para as obras complementarias e ultimación de acondicionamento nas zonas de concentración parcelaria de Arca-Nigoi-Codeseda e Monte Val do Vea (A Estrada-Pontevedra), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: acondicionamentos de predios, limpeza perimetral con posterior formigonado, construción dun muro, execución dun peche con postes de formigón, saneamento de tramos asfaltados, afirmado de tramos, colocación de marcos delimitadores de predios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos oitenta e cinco mil setenta euros con trece céntimos (385.070,13 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

19. Resolución do 3 de decembro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a execución de parcelas de ensaio con material forestal de reprodución procedente de Pinus pinaster resistente a Bursaphelenchus xylophilus na provincia de Pontevedra, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: traballos necesarios para executar plantacións piloto en distintos montes da provincia de Pontevedra, con planta de Pinus pinaster procedente dos hortos de semente clonal da Braxe (Cedeira) e Cordal da Loba (Monfero), ambos os dous material forestal de reprodución seleccionado por resistencia ao nematodo, e por calidade da madeira.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do da implantación e ata o 31 de maio de 2022.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e un mil cento trinta e cinco euros con dezasete céntimos (91.135,17 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2016 00202).

20. Resolución do 18 de novembro, de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos para a reparación de camiños nos concellos incluídos no Plan extraordinario de Infraestruturas Agrarias 2021 (Ourense).

– Actividade: mellora de 76 camiños, cunha lonxitude de 81,72 km, en 12 concellos da provincia de Ourense, mediante actuacións de limpeza de gabias, refino e planeamento, compactación da plataforma e tapadura de fochas con saburra nun espesor de 10-15 cm; actuacións puntuais como roza nos marxes dos camiños, limpeza de canos ou execución de canos D40 coas súas respectivas embocaduras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2021.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos noventa e nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (599.999,99 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural