Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9431

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 8/2022, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Verea, dun treito antigo da estrada autonómica OU-540.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón, no artigo 9.7, que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Verea solicita a cesión da área recreativa da capela da Ascensión, situada na marxe esquerda dun antigo treito da estrada autonómica OU-540, para realizar obras de mellora e acondicionamento.

O antigo treito da estrada OU-540 é un resto de aproximadamente 123 metros de lonxitude, p.q. 30+380 a 30+490, moi preto do tronco principal que xa está acondicionado como área de descanso e recreativa. Estas características fan que o dito treito careza de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Co cambio solicitado acadarase unha xestión administrativa máis coherente e eficiente da área recreativa e do contorno da ermida da Ascensión de Gotán.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula proposta favorable á transferencia de titularidade do treito antigo da OU-540, definido no artigo 1, e do seu dominio público viario asociado.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de xaneiro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Verea, de:

Denominación

P.q.i de conexión

Coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29

P.q.f de conexión

Coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29

Marxe

Lonx. (m)

Treito antigo da OU-540

30+380

X = 586.507

Y = 4.662.679

30+490

X = 586.588

Y = 4.662.617

ME

123

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Verea, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do citado treito antigo e do seu dominio público viario asociado, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ferrol, viente e sete de xaneiro de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade