Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9480

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ás organizacións de produtores de froitas e hortalizas (OPFH).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, letra b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro do Real decreto 1179/2018, do 21 de setembro, polo que se regulan os fondos e programas operativos das organizacións de produtores do sector de froitas e hortalizas que figuran no anexo.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2021 con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712C.770.0 (proxecto 2011.00990) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, están financiadas con fondos Feaga na súa totalidade e teñen como finalidade a realización de programas operativos das organizacións de produtores de froitas e hortalizas.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Axudas concedidas

Nº expediente

NIF

Beneficiaria

Importe 2022

Importe 2023

Importe 2024

Importe total

PO22-11-36-0998

2022-2024

***0331**

Horsal, S.C.G.

128.149,63 €

128.149,63 €

113.065,43 €

369.364,69 €