Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 9415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de titulares imposibles de notificar e descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

Resolución de Alcaldía do 12.1.2022. Referencia número 2022/0005.

Tendo coñecemento neste concello de que a parcela con referencia catastral 32075A501050040000 WU, sita no lugar de Agriño, parroquia de Eiras (Santa Ouxea), ten maleza e arboredo que incumpre a vixente normativa en materia de prevención de incendios.

Dado que non se dá cumprimento ao disposto no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, e as súas posteriores modificacións, no referente á obriga das persoas responsables de xestionar a biomasa vexetal cos criterios recollidos na lei e en canto á existencia de especies arbóreas non permitidas na faixa de protección.

Á vista das competencias que me outorga a lexislación de aplicación,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o oportuno expediente por imposibilidade de notificación a Visitación Fernández Vázquez titular da parcela con referencia catastral 32075A501050040000 WU, segundo información solicitada para o efecto, que no prazo de quince días, desde que se notifique o contido desta resolución, deberá proceder a xestionar a biomasa da parcela na franxa de 50 metros perimetrais ás edificacións máis próximas. Así mesmo, deberá retirar todas aquelas especies das recollidas na DA III da citada lei (piñeiro, eucalipto, mimosa…) que se atopen neses 50 metros.

Segundo. Publicar o presente anuncio por imposibilidade de notificación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cuxo prazo se iniciará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Terceiro. En caso contrario, e segundo o disposto no artigo 53.bis engadido pola Lei 7/2012, de montes de Galicia, na súa modificación da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais, logo dos trámites oportunos, procederase por parte deste concello á imposición de multas coercitivas reiterables e, de ser o caso, á execución subsidiaria, cuxos custos serán repercutidos aos infractores. Sen prexuízo, todo isto, da remisión do expediente á Consellería do Medio Rural para a apertura do correspondente expediente sancionador.

Cuarto. Comunicarlles aos titulares que dispoñen dun prazo de 10 días desde o recibo desta resolución, para alegar por escrito o que xulguen pertinente en relación co asunto.

Así o dispón e asina o alcalde Fernando Rodríguez Redondo, en San Amaro, 10 de xaneiro de 2022, ante min, secretario-interventor acumulado, para os únicos efectos de dar fe pública e recoñecemento de sinatura. Fernando Rodríguez Redondo, alcalde. Carlos J. Méndez-Losada Abalo, secretario-interventor acumulado.

San Amaro, 10 de xaneiro de 2022

Fernando Rodríguez Redondo
Alcalde