Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 9414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, procedemento abreviado 286/2021.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o recurso 286/2021 (procedemento abreviado), interposto por Emérita López Espiñeira fronte á desestimación presunta do recurso de reposición interposto o 10 de maio de 2021 contra a Resolución do 20 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario, categoría técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico (DOG núm. 79, do 28 de abril).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos